Información institucional, organizativa e de planificación.
Facemos publica a nosa política institucional, organizativa e de planificación, así como económica, orzamentaria e estatística e indicadores do índice de transparencia INFUT, co obxectivo de avanzar na nosa idea de transparencia e comunicación coa sociedade en xeral, sendo proactivos facilitando información sobre a nosa razón de ser, os principios éticos e de conduta, os obxectivos que nos propoñemos cumprir, …
Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubs de Futbol (INFUT) que consta dun conxunto de indicadores avaliados a través de “Transparencia Internacional España”. Avalíase a información sobre o Club, as relacións co accionariado, as persoas aboadas e afeccionadas asi coma ó público en xeral, a transparencia económico-financeira e nas contratacións e subministracións e indicadores da Lei de Transparencia.
1. Normativa aplicable
A normativa aplicable á sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., é:
- Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital, así como posteriores leis que introducen modificacións á mesma..
- Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas.
- Real Decreto Lexislativo 1514/07 do 16 de novembro polo que se aproba o Plan Xeral Contable, as modificacións recollidas no RD 1159/2010 do 17 de setembro e RD 602/2016 do 2 de decembro.
- Orde 27 de xuño de 2000 pola que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás sociedades anónimas deportivas, en todo o que non contraveña ao Real Decreto Lexislativo 1514/07, do 16 de novembro.
- Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte estatal.
- Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.
- Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro, sobre clubes e federacións deportivas.
- Código de Comercio.
- Demais normativa aplicable a un Club/ SAD profesional (en concreto o Regulamento de Control Económico dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliadas á LNFP e os acordos de Comisión Paritaria do Consello Superior de Deportes e a liga Nacional de Futbol Profesional na que se aproba o novo modelo de Memoria das Contas Anuais dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliados á liga Nacional de Futbol Profesional
- Normativa de Protección de Datos Persoais (LOPD): Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal..
- Directiva 95/46/CE do parlamento europeo e do consello do 24 de outubro de 1995 relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
- Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte.
- Lei 19/2014, do 29 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Lei 10/2010 do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo
- Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, do Código penal.
- Regulamento interno do Real Club Celta de Vigo S.A.D. Estatutos sociais e Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D. Art. 6 do Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte).
- Normativas internacionais. ISO 9001, UNE 19601, ISO 14001
2. Estrutura organizativa
O Grupo por dentro
Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o principal activo, mantendo un firme compromiso co emprego de calidade baseado en condicións de igualdade de oportunidades, independentemente do sexo, idade ou outras circunstancias. Desde o Grupo RC Celta se aposta e traballa activamente pola aliñación da súa estratexia e obxectivos, co desenvolvemento e a profesionalización das persoas que conforman o seu equipo humano, a través da motivación e a formación continua.
O organigrama
3. Planes e programas
Solvencia económica e financeira
Plan de investimentos estratéxicos:
- – Investimento en xogadores,
- – Cidade Deportiva Afouteza, instalacións que constan de dous campos de adestramento dobre, edificio de usos múltiples (vestiario, ximnasio) e aparcamento, integradas coa paisaxe nas que se tenta recuperar a paisaxe autóctona.
- – Continuidade do proxecto de dixitalización e Big Data. Centrado en conformar un ecosistema de innovación aberta dentro das súas diferentes áreas e apoiado na colaboración con terceiras persoas implicadas.
Globalización e internacionalización da marca
Obxectivo de imaxe e transparencia para favorecer o crecemento económico e o desenvolvemento social, para iso:
- Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubs de Futbol (INFUT) ao 100%, na súa última edición (ano 2019)
- – Certificado de Excelencia en Xestión Empresarial, tras a avaliación dos principais parámetros que determinan a xestión: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción da clientela, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización.
- -Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022.
- – Indicador Ardan Empresa Circular 2022, pola continuidade da estratexia de económica circular.
O plan estratéxico da sociedade
Como consecuencia do contexto de incerteza da economía, considérase de suma importancia de fronte ao futuro:
- Consolidar a presenza internacional como elemento xerador de ingresos, mediante un Plan de Internacionalización que arrinca cunha xira de pretemporada do primeiro equipo por Estados Unidos e México, que busca crecer en ingresos e gañar presenza en diferentes mercados.
- Xerar contido dixital en novos nichos de mercado que permita a fidelización de fans, crecemento de followers e estender a marca Celta para conseguir monetizar a presenza en novos mercados.
- Procura de novas oportunidades de patrocinio que incrementen o valor da marca e permitan crecer en ingresos.
FACTORIA DO DEPORTE GALEGO-GALICIA SPORTS 360
DIXITALIZACIÓN
Dentro da innovación en procesos internos, desde o club analízanse de maneira continua as tarefas que leva a cabo o persoal, tratando de dixitalizar, incorporando novas ferramentas, as que non achegan valor e liberando o tempo das persoas para aquelas relevantes.
Respecto á innovación para B2C, o club vaise dotando de ferramentas que permitan unha mellor análise e aprendizaxe da relación que ten o cliente co Club e poder crear “patróns” que axuden na mellora de servizo ou ser proactivos na cobertura de necesidades futuras que terá a clientela.
Ferramentas analíticas, sistemas de Intelixencia Artificial e captación de datos 360, son a base do coñecemento de cliente e do seu comportamento, algo que directamente está a impactar na sociedade vía adecuación de oferta de produtos e servizos. Esta dixitalización mantén un impacto directo en optimización de modelos de sustentabilidade, vía mobilidade, medio ambiente e, por conseguinte, redución de pegada de carbono.
Moito mais cun equipo de fútbol
A sociedade ten implantadas distintas metodoloxías e procesos que lle permiten desenvolver a actividade de maneira ética, transparente e sostible, impulsando os valores de excelencia, transparencia, sustentabilidade e proximidade como puntos fortes do seu negocio:
- Excelencia empresarial e deportiva, mediante a implementación de diferentes sistemas de calidade baixo o estándar UNE EN ISO 9001:2015 certificados pola entidade de acreditación AENOR, na nosa orientación á clientela, á xestión de procesos, á mellora continua (no departamento de seguridade e instalacións e na área corporativa).
- Transparencia, mediante a responsabilidade social e ética empresarial no mundo dos negocios, polo que se formula voluntariamente o Estado de Información Non Financeiro do Grupo RCCelta cada tempada, valoración INFUT do 100% na clasificación do Índice de Transparencia dos clubs de futbol desenvolvido por Transparency International España e implementación do sistema de xestión de Compliance Penal baixo o estándar UNE 19601:2017.
- Sustentabilidade, mediante a optimización da xestión de recursos e residuos o que diferencia á sociedade da competencia e reforza de maneira positiva a imaxe ante a sociedade en xeral. A sociedade integra o medio ambiente na xestión global da mesma, para iso implanta o sistema de xestión ambiental conforme á Norma ISO 14001:2015. Esta optimización na xestión de recursos e residuos vese reforzada tamén coa obtención do Indicador Ardan Empresa Circular 2020, 2021 e 2022, pola implementación dunha estratexia de economía circular. Ademais, a Cidade Deportiva Afouteza foi finalista da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) dos anos 2018 a 2020. E nomeada ao Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea- Premio Mies van der Rohe 2022 para as obras finalizadas entre outubro 2018 e abril 2021.
- Proximidade, mediante a implementación de boas prácticas na xestión dos riscos derivados do COVID-19 baixo o estándar Protocolo fronte ao COVID-19, xerando confianza entre todos os colectivos (clientela, as persoas que conforman o Grupo e público en xeral).
Todo iso fai que nos concedan o Certificado de Excelencia en xestión empresarial Informa-o Economista ano 2019, 2020, 2021 e 2022 e que nos concedan o Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022.
4. Datos de contacto
As nosas canles de contacto
A través do teléfono 986 110 900, das seguintes direccións asede@rccelta.es e escoitamos@rccelta.es ou en Calle Príncipe, 44 CP: 36202 Vigo poden poñerse en contacto co Real Club Celta de Vigo, S.A.D.; Fundación Celta de Vigo; Afouteza e Corazón, S.L.U. e Galicia Sport 360, S.L.U.
5. Estado de información Non Financieira
Máxima transparencia
O Grupo RC Celta intenta mostrar de forma transparente aquela información que non só afecta ao modelo de negocio, senon que explica a creación de valor social do Grupo. A nosa intención é informar sobre:
Cuestións ambientais
Cuestións sociais e de persoal
Respeto aos dereitos humanos
Lucha contra a corrupción e o soborno
Por iso o Consello de Administración de Real Club Celta de Vigo, S.A.D., formula de forma voluntaria o Estado de Información Non Financeira do Grupo RC Celta.
Información non financieira tempada 2021/2022
Información non financieira tempada 2020/2021
Información non financieira tempada 2019/2020
Información non financieira tempada 2018/2019
6. Memoria deportiva
Análisis da tempada 2021/2022
Os ” feitos” deportivos mais relevantes da tempada 2021/2022 son:
- Carto Trofeo Zarra de Iago Aspas
- Catro xogadores lograron o record persoal de minutos: Kevin Vazquez, Fran Beltran, Joseph Aidoo e Brais Mendez
- Racha de 5 partidos se perder
- Debut do xuvenil Hugo Alvarez, xunto con Damian e Cesar convocados por primeira vez
- Once canteranos con minutos
- 400 partidos de Hugo Mallo
- Celta B, sexto tras outra gran temporada