Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-103/web/app/themes/rccelta/app/Modules/Sponsors/DTO/SponsorPost.php on line 59
Información económica, orzamentaria e estatística - RC Celta
Imágen genérica de cabecera RC Celta

Grupo RC Celta

Información económica, orzamentaria e estatística

Información económica, orzamentaria e estatística

O Grupo RC Celta fai publica a súa información institucional, organizativa e de planificación, así como económica, orzamentaria e estatística e indicadores do índice de trasparencia INFUT, co obxectivo de avanzar na nosa idea de transparencia e comunicación coa sociedade en xeral.

1. Cuentas anuais e informe de auditoría a 30 de xunio de 2022

Principais magnitudes

Durante a tempada 2021/2022 e se nos circunscribimos á parte dos ingresos, aínda que se recupera unha parte da actividade e xéranse ingresos por despacho de billetes e abonados derivado da volta de público aos estadios, os efectos do COVID na nosa actividade aínda seguen sendo moi significativos, cunha contracción importante do mercado que implica, entre outras cuestións, unha caída nas operacións de venda de xogadores, un impacto sobre os ingresos procedentes de dereitos audiovisuais e tamén a necesidade de estar atentos ao risco de crédito e insolvencia que afecta á cifra de ingresos comerciais.

Dende o Grupo RC Celta traballouse en dúas liñas durante a tempada:

  • – Tentar incrementar a cifra de negocios sobre os ingresos previstos.
  • – Axustar ao máximo os gastos de estrutura.

Con todo, non podemos compensar a caída de ingresos procedentes da venda de xogadores de exercicios anteriores.

Resultados
+131

Miles de euros de resultado neto positivo

Patrimonio neto
+87

Millóns de euros de patrimonio neto

Inversións
+127

Millóns de euros nos últimos 5 anos

Ingresos
+90

Millóns de euros de ingresos totais


2. Liquidación do Orzamento da tempada 2021/2022

Os orzamentos formulados polo Consello de Administracion da sociedade pretenden garantir o avance a nivel económico dos proxectos que a sociedade ten en marcha en cada unha das tempadas, procurando sempre que sexa de signo positivo


3. Estados Financieiros Intermedios a 31 de decembro de 2021

Informe de revisión

Os datos amosados comprenden a fecha ata o 31 de decembro de 2021

Activo total
131.054

Miles €

Patrimonio neto total
79.404

Miles €

Resultado
-8.763

Miles €

Ingresos totais
34.406

Miles €


4. Presuposto da tempada 2022/2023

Os números da seguinte campaña

Importe neto
+69

Millones de euros

Amortización de inmobilizado
+18

Millóns de euros

Resultados por traspaso de xogadores
+14

Millóns de euros

Gastos de persoal
+49

Millóns de euros

Outros gastos de explotación
+16

Millóns de euros


5. Outros indicadores da tempada 2021/2022

Información contable

1

Data de depósito no Rexistro Mercantil das últimas Contas Anuais.

As contas anuais da tempada 2021/2022 depositáronse no Rexistro Mercantil de Pontevedra con data 26 de decembro de 2022.
As contas anuais da tempada 2020/2021 depositáronse no Rexistro Mercantil de Pontevedra con data 13 de xaneiro de 2022.
As contas anuais da tempada 2019/2020 depositáronse no Rexistro Mercantil de Pontevedra con data 15 de xaneiro de 2021.
As contas anuais da tempada 2018/2019 depositáronse no Rexistro Mercantil de Pontevedra con data 26 de decembro de 2019.


2

Data de entrega ao Consello Superior de Deportes (CSD) das últimas Contas Anuais.

As contas anuais da tempada 2021/2022 foron entregadas ao Consello Superior de Deportes o 11 de xaneiro de 2023.
As contas anuais da tempada 2020/2021 foron entregadas ao Consello Superior de Deportes o 22 de decembro de 2021.
As contas anuais da tempada 2019/2020 foron entregadas ao Consello Superior de Deportes o 21 de decembro de 2020.
As contas anuais da tempada 2018/2019 foron entregadas ao Consello Superior de Deportes o 22 de novembro de 2019.


3

Data de envío á LNFP das Contas Anuais e restante información económico-financeira de obrigado envío. Palabras desconocidas Copiar

Con data 06 de  outubro e 14 e 15 de novembro de 2022 remitiuse á LNFP.

Informe de procedementos acordados de Débedas con Clubes ao 30 de xuño de 2022,

Informe de procedementos acordados de Débedas con Empregados ao 30 de xuño de 2022,

Informe de procedementos acordados de Débedas coas Administracións Públicas ao 30 de xuño de 2022,

Informe de procedementos acordados de Operacións Financeiras ao 30 de xuño de 2022,

Informe de procedementos acordados de Cuantificación do Efecto do COVID-19 na tempada 2021/2022,

Informe de procedementos acordados do Indicador do Punto de Equilibrio ao 30 de xuño de 2022,
Informe de procedementos acordados de Gastos Asociados ao Primeiro Persoal ao 30 de xuño de 2022,
Informe de procedementos acordados da cociente de Débeda Neta en relación cos ingresos relevantes ao 30 de xuño de 2022,
Informe de procedementos acordados do modelo normalizado MN23 (Anexo VI) ao 30 de xuño de 2023,
Informe de procedementos acordados do modelo normalizado MN23 (Anexo VI) da tempada 2022/2023 ao peche do mercado de verán (10 de novembro de 2022),

Informe de procedementos acordados sobre recadación por despachos de billetes e abonos da tempada 2021/2022.
Modelo normalizado MN102 Ingresos por comercialización, patrocinio e publicidade para a tempada 2022/2023, visado polos auditores.


4

Punto de Equilibrio

Segundo defínese polo Regulamento de Control Económico da LNFP (diferenza entre Ingresos Relevantes e Gastos Relevantes nunha tempada) e os indicadores que o compoñen (Art 12 LNFP).

Ver Informe de procedimientos acordados del indicador punto de equilibrio de RCCelta a 30 de junio de 2022.



Indicadores económico-financeiros

1

Indicador Autonomía Financeira

A continuación móstrase un gráfico da progresión deste indicador ao longo das tempadas (os últimos 5 anos).

2

Indicador Retribucións totais

da primeira plantilla/presuposto total do club.


4

Importe invertido en xogadores

da plantilla / Ingresos relevantes da última tempada.

Cantidade total pagada polos servizos de axentes e intemediacion de xogadores

Cantidade total pagada polos servizos de axentes e intemediacion de xogadores na tempada 2021/2022: 2.661 miles de euros

Cantidade total pagada polos servizos de axentes e intemediacion de xogadores a 31 de decembro de 2022: 3.134 miles de euros


Información sobre ingresos e gastos

1

Desglose dos Ingresos Relevantes (Anexo I.7 RLFP).

Detalle dos ingresos relevantes a 30/06/2022. Correspondese co desglose reflexado no apartado A do Cálculo do Punto de Equilibrio.

2

Detalle dos Gastos Relevantes (Anexo I.8 RLFP).

Detalle dos gastos relevantes a 30/06/2022. Correspondese co detalle reflexado no apartado B do Cálculo d0 Punto de Equilibrio.

3

Detalle dos Gastos Asociados a primeira plantilla (art. 12 RLFP)

A continuación móstrase un gráfico do cociente de gastos asociados a primeira plantilla.

Ver o informe de Procedementos Acordados do indicador gastos asociados a primeira plantilla ao 30 de xuño de 2022.


6. Convenios e contratos con administracións públicas

Listado de convenios e contratos

  • Os dereitos de retrasmisión no que se inclúen dereitos audiovisuais negociados entre os operadores de televisión e LaLiga por importe de 53.160.577,00 euros e a regularización de dereitos de retransmisión de tempadas anteriores por importe 104.633,00 euros, dos dereitos audiovisuais da Copa do Rey por importe de 372.851,00 euros e de primeira RFEF en relación co equipo filial, coa RFEF por importe de 234.088,92 euros.
  • Os ingresos por publicidade e comercialización derivados de contratos ou convenios subscritos con administracións públicas son:
    • Contrato de patrocinio coa Fundación Deporte Galego, de data 10 de xullo de 2021 co obxectivo principal de patrocinar os equipos galegos de alta competición, concretamente o Celta B. O importe do devandito convenio ascende a 27.798,38 euros.
    • Con data 17 de decembro de 2021, a sociedade subscribe un acordo coa Fundación Deporte Galego para a tempada 2021/2022, co obxectivo principal de patrocinar de maneira conxunta a promoción nacional e internacional de Galicia, do ano Santo Xacobeo 2021/2022 a través do deporte. O importe do devandito convenio ascende a 38.493,99 euros.

Convenios con entidades publicas ou baixo control publico:

  • Concesion administrativa das Instalacións Municipais correspondentes ó Estadio Abanca Balaidos, Barreiro e a Cidade Deportiva de A Madroa, suscrito con data 30 de xaneiro de 2009 pola que se ceden as anteriores instalacións ata o 16 de maio de 2034.

7. Subvenciones e axudas públicas

A sociedade, na tempada 2021/2022 obtivo subvencións de explotación por importe de 726.054,85 euros, sendo o detalle:

  • 352.963,06 euros dunha subvención da Real Federación Española de Futbol relativa ao programa de canteira con valores,
  • 282.000,03 euros de subvencións da liga de Futbol Profesional en concepto de axuda ao mantemento correctivo/evolutivo, así como ao mantemento preventivo nas instalacións deportivas,
  • 28.318,18 euros de subvención INEGA (organismo dependente da Xunta de Galicia) para enerxías renovables térmicas (concretamente bomba de calor na cidade deportiva Afouteza),
  • 46.199,83 euros dunha subvención da Xunta de Galicia en concepto de axuda á recuperación polos efectos do COVID-19, e
  • 16.573,75 euros dunha subvención da Xunta de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas.

8. Patrocinadores y provedores

Proveedores/acreedores más relevantes

En canto aos acredores, sen ter en consideración a adquisición de xogadores (entidades deportivas e axencias de intermediación), a relación dos seis provedores/acredores mais relevantes da sociedade son:

  • Adidas España, S.A.
  • LaLiga,
  • RFEF,
  • Viaxes O Corte Ingles,
  • Construtora San Jose, S.A.
  • Royalverd Services, S.L.U.

9. Política de calidade

A importancia da calidade

O Grupo RC Celta consciente da importancia da calidade á hora de satisfacer as necesidades das persoas usuarias e outras partes interesadas, dispón aprobar unha Política de Calidade que alcanza aos servizos de Xestión das instalacións e a seguridade para todas as actividades, así como o adecuado mantemento e conservación destas; no marco dun Sistema de Xestión da Calidade efectivo e eficiente.

As directrices xerais

  • Lograr o recoñecemento da sociedade no ámbito futbolístico nacional na actividade de mantemento e conservación de instalacións e xestión da seguridade física.
  • Ser un referente no sector, a nivel nacional, en Mantemento e Conservación de instalacións, así como na Xestión de Seguridade.
  • Lograr plena satisfacción da nosa clientela, proporcionándolles servizos e produtos acordes cos requisitos, necesidades, expectativas e especificacións establecidas.
  • Lograr a plena satisfacción do persoal da organización conseguindo as condicións de traballo idóneas para o desenvolvemento da actividade.
  • Implantación da mellora continua como norma de conduta.
  • Dotar de medios e recursos necesarios para o seu logo.
  • Superar as expectativas da clientela en relación ao servizo e produto solicitado.

10. Beneficios fiscais de colaborar coa Fundación


Donativos, donacións e aportacións deducibles

Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): as persoas que contribuen ó
IRPF terán dereito a deducir da cota íntegra do seu IRPF o resultado de aplicar ao conxunto de donativos, doazóns e achegas con dereito a dedución (base dedución). Podra consultar o seguinte documento para máis información ó respecto.

Outras páxinas do Grupo RC Celta

Quenes somos

O Grupo RC Celta caracterízase pola especialización nos negocios que desenvolve, construíndo relacións de confianza baseadas na experiencia e na excelencia…
Coñece ao Grupo RC Celta

Certificados

No Grupo RC Celta estamos plenamente convencidos da importancia que ten cumprir coas normativas vixentes en materia de calidade, medioambiente…

 

Ver Certificados

Recoñecementos

No Grupo RC Celta traballamos baixo o prisma da excelencia empresarial e nos últimos anos acumulamos importantes recoñecementos que poñen de manifesto nosa boa xestión.
Ver Recoñecementos