Información institucional, organizativa e de planificación.
Grupo RC Celta fai publica a súa información institucional, organizativa e de planificación, así como económica, orzamentaria e estatística e indicadores do índice de trasparencia INFUT 2019, co obxectivo de avanzar na nosa idea de transparencia e comunicación coa sociedade en xeral.
A nivel institucional, os feitos mais significativos da tempada 2018/19, son:
- Premio a mellor afición da tempada 2018/19
- RC Celta celebra o seu 95º aniversario.
- Inauguración da Residencia A Sede para canteráns
- Comezo dos traballos na cidade deportiva.

1. Normativa aplicable
A normativa aplicable á sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., é:
- Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital, así como posteriores leis que introducen modificacións á mesma..
- Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas.
- Real Decreto Lexislativo 1514/07 do 16 de novembro polo que se aproba o Plan Xeral Contable, as modificacións recollidas no RD 1159/2010 do 17 de setembro e RD 602/2016 do 2 de decembro.
- Orde 27 de xuño de 2000 pola que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás sociedades anónimas deportivas, en todo o que non contraveña ao Real Decreto Lexislativo 1514/07, do 16 de novembro.
- Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte estatal.
- Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.
- Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro.
- Código de Comercio.
- Demais normativa aplicable a un Club/ SAD profesional (en concreto o Regulamento de Control Económico dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliadas á LNFP e os acordos de Comisión Paritaria do Consello Superior de Deportes e a liga Nacional de Futbol Profesional na que se aproba o novo modelo de Memoria das Contas Anuais dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliados á liga Nacional de Futbol Profesional
- Normativa de Protección de Datos Persoais (LOPD): Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal..
- Directiva 95/46/CE do parlamento europeo e do consello do 24 de outubro de 1995 relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
- Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte.
- Lei 19/2014, do 29 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Lei 10/2010 do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo
- Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, do Código penal.
- Regulamento interno do Real Club Celta de Vigo S.A.D. Estatutos sociais e Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D. Art. 6 do Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte).
- Normativas internacionais. ISO 9001

2. Estrutura organizativa
O Grupo por dentro
Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o principal activo, mantendo un firme compromiso co emprego de calidade baseado en condicións de igualdade de oportunidades, independentemente do sexo, idade ou outras circunstancias. Desde o Grupo RC Celta se aposta e traballa activamente pola aliñación da súa estratexia e obxectivos, co desenvolvemento e a profesionalización das persoas que conforman o seu equipo humano, a través da motivación e a formación continua.

O organigrama

3. Planes e programas
Os focos de actuación
A nivel operativo, a sociedade traballa cun Plan estratéxico centrado en tres focos de actuación, que son os seguintes:
Capitalización da sociedade
Plan de investimentos estratéxicos en xogadores e a nova cidade deportiva
Posicionamiento e globalización da marca RC Celta
O plan estratéxico da sociedade
Debido a que se trata dunha Sociedade Anónima Deportiva, a maior parte dos investimentos realizados están localizados na compra de xogadores, activos para a empresa que unidos aos que se xeran na propia “canteira”, a cal é unha referencia tanto en España como en Europa, permiten manter e incrementar o valor da sociedade.
Ademais dos xogadores, nestes momentos, o plan estratéxico de investimentos da sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D. esta focalizado en tres obxectivos

A SEDE COMO BUSINESS CENTER

CIDADE DEPORTIVA

ESTADIO ABANCA BALAÍDOS
Moito mais cun equipo de fútbol

4. Datos de contacto
As nosas canles de contacto
A través do teléfono 986 110 900, das seguintes direccións asede@rccelta.es e escoitamos@rccelta.es ou en Calle Príncipe, 44 CP: 36202 Vigo poden poñerse en contacto co Real Club Celta de Vigo, S.A.D.; Fundación Celta de Vigo e Afouteza e Corazón, S.L.U.

5. Estado de información Non Financieira
Máxima transparencia
O Grupo RC Celta intenta mostrar de forma transparente aquela información que non só afecta ao modelo de negocio, senon que explica a creación de valor social do Grupo. A nosa intención é informar sobre:
Cuestións ambientais
Cuestións sociais e de persoal
Respeto aos dereitos humanos
Lucha contra a corrupción e o soborno
Por iso o Consello de Administración de Real Club Celta de Vigo, S.A.D., formula de forma voluntaria o Estado de Información Non Financeira do Grupo RC Celta.

Información non financieira

6. Memoria deportiva
Análisis da tempada 2018/19
Este breve resumo da tempada 2018/19 traeranos á mente sensacións atopadas, momentos de orgullo e alegría e tamén de preocupación e desasosego, pero sobre todo lembraranos unha certeza: a unión do equipo e a afección é invencible.
Foi unha campaña complicada para o primeiro equipo, que naceu con fundadas expectativas e finalizou, tras un período final de incerteza, coa desbordante alegría do éxito de ‘A Nosa Reconquista’.
