Sobre o Grupo RC Celta
O Grupo RC Celta caracterízase pola especialización nos negocios que desenvolve, construíndo relacións de confianza baseadas na experiencia e na excelencia, diferenciándonos dos nosos competidores e tentando xerar un impacto positivo na sociedade en xeral.
RC Celta
A nosa actividade principal céntrase na participación en competicións deportivas de carácter profesional, da modalidade deportiva de futbol, participando o primeiro equipo no Campionato Nacional de Liga de Primeira División e na Copa do Rey e o equipo filial, Celta B, na segunda división B.
Tamén levamos a cabo comercialización de roupa e artigos deportivos a través das tendas oficiais de RC Celta.


Fundación Celta
As principais actividades realizadas pola Fundación Celta de Vigo son promover o deporte base; desenvolver campus, escolas e clinics deportivos para os mozos, principalmente orientados a practíca do futbol; investigar e promover os valores do deporte, así como realizar charlas e coloquios sobre a súa importancia na sociedade; desenvolver diferentes actividades lúdico-deportivas para a promoción de práctica do deporte entre as persoas de todas as idades; dar a coñecer o patrimonio social e deportivo de RC Celta; fomentar a participación cidadá en actividades de carácter social, mediante a promoción de campañas solidarias…
Afouteza e Corazón
A sociedade presta servizos de fisioterapia e traumatoloxía e outros servizos vinculados á medicina do deporte, xestión de determinados espazos (organización de eventos de empresa, charlas, concertos, …) e explotación compartida de negocios de restauración.

Os datos do Grupo RC Celta
Miles de euros
Miles de euros
Miles de euros
En todo o Grupo RC Celta
Os valores do Grupo
Os valores que identifican o Grupo RC Celta son a transparencia, a excelencia tanto deportiva como empresarial, a sustentabilidade e pola proximidade, adaptándonos de maneira continua aos requisitos dos grupos de interese e ás tendencias nas que se atopan organizacións do mesmo ámbito de actuación.

Optimizar a xestión de recursos e residuos

Excelencia empresarial

Responsabilidade social e ética empresarial

Volta á normalidade
O Grupo RC Celta no mundo
Neste mapa recóllese a presenza do Grupo RC Celta a nivel mundial en cualquera das súas modalidades

Outras páxinas do Grupo RC Celta
