Imágen genérica de cabecera RC Celta

Grupo RC Celta

Información institucional, organizativa e de planificación

Información institucional, organizativa e de planificación.

Facemos publica a nosa política institucional, organizativa e de planificación, así como económica, orzamentaria e estatística e indicadores do índice de transparencia INFUT, co obxectivo de avanzar na nosa idea de transparencia e comunicación coa sociedade en xeral, sendo proactivos facilitando información sobre a nosa razón de ser, os principios éticos e de conduta, os obxectivos que nos propoñemos cumprir, …

Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubs de Futbol (INFUT) que consta dun conxunto de indicadores avaliados a través de “Transparencia Internacional España”. Avalíase a información sobre o Club, as relacións co accionariado, as persoas aboadas e afeccionadas asi coma ó público en xeral, a transparencia económico-financeira e nas contratacións e subministracións e indicadores da Lei de Transparencia.

1. Normativa aplicable

A normativa aplicable á sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., é:

  • Real Decreto Lexislativo 1/2010 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Sociedades de Capital, así como posteriores leis que introducen modificacións á mesma..
  • Real Decreto 1251/1999, do 16 de xullo sobre Sociedades Anónimas Deportivas.
  • Real Decreto Lexislativo 1514/07 do 16 de novembro polo que se aproba o Plan Xeral Contable, as modificacións recollidas no RD 1159/2010 do 17 de setembro e RD 602/2016 do 2 de decembro.
  • Orde 27 de xuño de 2000 pola que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás sociedades anónimas deportivas, en todo o que non contraveña ao Real Decreto Lexislativo 1514/07, do 16 de novembro.
  • Lei 10/1990, do 15 de outubro, do deporte estatal.
  • Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.
  • Real Decreto 177/1981, do 16 de xaneiro, sobre clubes e federacións deportivas.
  • Código de Comercio.
  • Demais normativa aplicable a un Club/ SAD profesional (en concreto o Regulamento de Control Económico dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliadas á LNFP e os acordos de Comisión Paritaria do Consello Superior de Deportes e a liga Nacional de Futbol Profesional na que se aproba o novo modelo de Memoria das Contas Anuais dos Clubs e Sociedades Anónimas Deportivas afiliados á liga Nacional de Futbol Profesional
  • Normativa de Protección de Datos Persoais (LOPD): Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal..
  • Directiva 95/46/CE do parlamento europeo e do consello do 24 de outubro de 1995 relativa á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos.
  • Lei 19/2007, do 11 de xullo, contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte.
  • Lei 19/2014, do 29 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
  • Lei 10/2010 do branqueo de capitais e do financiamento do terrorismo
  • Lei orgánica 1/2015, do 30 de marzo, do Código penal.
  • Regulamento interno do Real Club Celta de Vigo S.A.D.  Estatutos sociais e Regulamento Interno do Real Club Celta de Vigo, S.A.D. Art. 6 do Real Decreto 203/2010, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de prevención da violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte).
  • Normativas internacionais. ISO 9001, UNE 19601, ISO 14001

2. Estrutura organizativa

O Grupo por dentro

Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o principal activo, mantendo un firme compromiso co emprego de calidade baseado en condicións de igualdade de oportunidades, independentemente do sexo, idade ou outras circunstancias. Desde o Grupo RC Celta se aposta e traballa activamente pola aliñación da súa estratexia e obxectivos, co desenvolvemento e a profesionalización das persoas que conforman o seu equipo humano, a través da motivación e a formación continua.

3. Planes e programas

1

Solvencia económica e financeira

A sociedade para asumir ambiciosos retos futuros con solvencia busca o fortalecemento da súa estrutura de ingresos mediante o crecemento e diversificación dos seus negocios, a optimización dos custos e a procura de novas canles de financiamento e capitalizando na súa totalidade os resultados económicos positivos obtidos de forma sostida no tempo.
2

Plan de investimentos estratéxicos:

  • –  Investimento en xogadores,
    • Cidade Deportiva Afouteza, instalacións que constan de dous campos de adestramento dobre, edificio de usos múltiples (vestiario, ximnasio) e aparcamento, integradas coa paisaxe nas que se tenta recuperar a paisaxe autóctona.
    • Continuidade do proxecto de dixitalización e Big Data. Centrado en conformar un ecosistema de innovación aberta dentro das súas diferentes áreas e apoiado na colaboración con terceiras persoas implicadas.

3

Globalización e internacionalización da marca

Obxectivo de imaxe e transparencia para favorecer o crecemento económico e o desenvolvemento social, para iso:

  • Cumprimos co Índice de Transparencia dos Clubs de Futbol (INFUT) ao 100%, na súa última edición (ano 2019)
  • Certificado de Excelencia en Xestión Empresarial, tras a avaliación dos principais parámetros que determinan a xestión: solvencia, rendibilidade, crecemento, emprego, internacionalización, responsabilidade social corporativa, satisfacción da clientela, innovación, xestión do risco comercial e dixitalización.
  • -Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022.
  • – Indicador Ardan Empresa Circular 2022, pola continuidade da estratexia de económica circular.

O plan estratéxico da sociedade

Como consecuencia do contexto de incerteza da economía, considérase de suma importancia de fronte ao futuro:

  • Consolidar a presenza internacional como elemento xerador de ingresos, mediante un Plan de Internacionalización que arrinca cunha xira de pretemporada do primeiro equipo por Estados Unidos e México, que busca crecer en ingresos e gañar presenza en diferentes mercados.
  • Xerar contido dixital en novos nichos de mercado que permita a fidelización de fans, crecemento de followers e estender a marca Celta para conseguir monetizar a presenza en novos mercados.
  • Procura de novas oportunidades de patrocinio que incrementen o valor da marca e permitan crecer en ingresos.

FACTORIA DO DEPORTE GALEGO-GALICIA SPORTS 360

DIXITALIZACIÓN

O Club emprendeu unha etapa de transformación dixital continua, baseado na análise permanente da actividade, tanto interna nos procesos de empresa como externa na relación coa clientela, tanto B2B como B2C.

Dentro da innovación en procesos internos, desde o club analízanse de maneira continua as tarefas que leva a cabo o persoal, tratando de dixitalizar, incorporando novas ferramentas, as que non achegan valor e liberando o tempo das persoas para aquelas relevantes.

Respecto á innovación para B2C, o club vaise dotando de ferramentas que permitan unha mellor análise e aprendizaxe da relación que ten o cliente co Club e poder crear “patróns” que axuden na mellora de servizo ou ser proactivos na cobertura de necesidades futuras que terá a clientela.

Ferramentas analíticas, sistemas de Intelixencia Artificial e captación de datos 360, son a base do coñecemento de cliente e do seu comportamento, algo que directamente está a impactar na sociedade vía adecuación de oferta de produtos e servizos. Esta dixitalización mantén un impacto directo en optimización de modelos de sustentabilidade, vía mobilidade, medio ambiente e, por conseguinte, redución de pegada de carbono.

Moito mais cun equipo de fútbol

A sociedade ten implantadas distintas metodoloxías e procesos que lle permiten desenvolver a actividade de maneira ética, transparente e sostible, impulsando os valores de excelencia, transparencia, sustentabilidade e proximidade como puntos fortes do seu negocio:

  • Excelencia empresarial e deportiva, mediante a implementación de diferentes sistemas de calidade baixo o estándar UNE EN ISO 9001:2015 certificados pola entidade de acreditación AENOR, na nosa orientación á clientela, á xestión de procesos, á mellora continua (no departamento de seguridade e instalacións e na área corporativa).
  • Transparencia, mediante a responsabilidade social e ética empresarial no mundo dos negocios, polo que se formula voluntariamente o Estado de Información Non Financeiro do Grupo RCCelta cada tempada, valoración INFUT do 100% na clasificación do Índice de Transparencia dos clubs de futbol desenvolvido por Transparency International España e implementación do sistema de xestión de Compliance Penal baixo o estándar UNE 19601:2017.
  • Sustentabilidade, mediante a optimización da xestión de recursos e residuos o que diferencia á sociedade da competencia e reforza de maneira positiva a imaxe ante a sociedade en xeral. A sociedade integra o medio ambiente na xestión global da mesma, para iso implanta o sistema de xestión ambiental conforme á Norma ISO 14001:2015. Esta optimización na xestión de recursos e residuos vese reforzada tamén coa obtención do Indicador Ardan Empresa Circular 2020, 2021 e 2022, pola implementación dunha estratexia de economía circular. Ademais, a Cidade Deportiva Afouteza foi finalista da XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (BEAU) dos anos 2018 a 2020. E nomeada ao Premio de Arquitectura Contemporánea da Unión Europea- Premio Mies van der Rohe 2022 para as obras finalizadas entre outubro 2018 e abril 2021.
  • Proximidade, mediante a implementación de boas prácticas na xestión dos riscos derivados do COVID-19 baixo o estándar Protocolo fronte ao COVID-19, xerando confianza entre todos os colectivos (clientela, as persoas que conforman o Grupo e público en xeral).

Todo iso fai que nos concedan o Certificado de Excelencia en xestión empresarial Informa-o Economista ano 2019, 2020, 2021 e 2022 e que nos concedan o Indicador Ardan Empresa Ben Xestionada 2022.

4. Datos de contacto

As nosas canles de contacto

A través do teléfono 986 110 900, das seguintes direccións asede@rccelta.es e escoitamos@rccelta.es ou en Calle Príncipe, 44 CP: 36202 Vigo poden poñerse en contacto co Real Club Celta de Vigo, S.A.D.; Fundación Celta de Vigo; Afouteza e Corazón, S.L.U. e Galicia Sport 360, S.L.U.

5. Estado de información Non Financieira

Máxima transparencia

O Grupo RC Celta intenta mostrar de forma transparente aquela información que non só afecta ao modelo de negocio, senon que explica a creación de valor social do Grupo. A nosa intención é informar sobre:

Cuestións ambientais

En relación á identificación e avaliación dos efectos que o Grupo RC Celta produce na contorna ambiental no que se atopa.

Cuestións sociais e de persoal

Para o Grupo RC Celta as persoas que o conforman son o principal activo,  mantendo un firme compromiso con o emprego de calidade.

Respeto aos dereitos humanos

No Grupo RC Celta, identifícase e defende todos e cada un dos principios recollidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos de Nacións Unidas.

Lucha contra a corrupción e o soborno

Aliñado cos valores de honestidade, xustiza, integridade e transparencia, o Grupo RC Celta mantén unha política de tolerancia cero fronte a calquera tipo de corrupción.

Por iso o Consello de Administración de Real Club Celta de Vigo, S.A.D., formula de forma voluntaria o Estado de Información Non Financeira do Grupo RC Celta.

6. Memoria deportiva

Análisis da tempada 2021/2022

Os ” feitos” deportivos mais relevantes da tempada 2021/2022 son:

  • Carto Trofeo Zarra de Iago Aspas
  • Catro xogadores lograron o record persoal de minutos: Kevin Vazquez, Fran Beltran, Joseph Aidoo e Brais Mendez
  • Racha de 5 partidos se perder
  • Debut do xuvenil Hugo Alvarez, xunto con Damian e Cesar convocados por primeira vez
  • Once canteranos con minutos
  • 400 partidos de Hugo Mallo
  • Celta B, sexto tras outra gran temporada

Outras páxinas do Grupo RC Celta

Quenes somos

O Grupo RC Celta caracterízase pola especialización nos negocios que desenvolve, construíndo relacións de confianza.
Coñece ao Grupo RC Celta

Certificados

No Grupo  RC Celta estamos plenamente convencidos da importancia que ten cumprir coas normativas vixentes en materia de calidade,  medioambiente…

Ver Certificados

Recoñecementos

No Grupo RC Celta traballamos baixo o prisma da excelencia empresarial e nos últimos anos acumulamos importantes recoñecementos á boa xestión.
Ver Recoñecementos