Imágen genérica de cabecera RC Celta

1. Himno Tradicional

Ala Celta a demostrar, por historia e tradición,
que o teu lema é nobre xogo, afouteza e corazón
Cando xogas con tesón, vibra toda a afección,
ala Celta berramos, ala Celta campión.

Ala Celta a demostrar, por historia e tradición,
que o teu lema é nobre xogo, afouteza e corazón
Cando xogas con tesón, vibra toda a afección,
ala Celta berramos, ala Celta campión.
Celta, Celta, ra, ra, ra!

2. Oliveira dos cen anos

Creo que estou namorado
Dos teus dous ollos azuis
Son como da cor do ceo
Cando se apartan as nubes

Nesa beleza celeste
Pérdome cando te miro
Que fácil é confundilos
Cas ondas do mar de Vigo

Conto cada día da semana
Para que me deas desa morte
Conto cada día da semana
Sei que este domingo vou ter sorte

Non (non) sei (sei) se (se)
Podo vivir (-vir) sen (sen) ti (ti)
Pero iso éme igual
Non o quero probar (non, non, non)
Cada vez que mires atrás
Sempre hei estar aquí
Estar aquí, estar aquí, estar aquí
Sempre Celta!

Un escudo no meu peito
Sempre Celta!
Un escudo no meu peito
Sempre Celta!

Un escudo no meu peito
Sempre Celta!
Un escudo no meu peito
Sempre Celta!

Oliveira dos cen anos
Cría raíces de prata
Tomar amores non custa
Olvidalos si que mata
Olvidalos si que mata
Eu non os quero esquecer
Na ledicia son celeste
Celtista no padecer

Oliveira dos cen anos
Cría raíces de prata
Tomar amores non custa
Olvidalos si que mata
Olvidalos si que mata
Eu non os quero esquecer
Na ledicia son celeste
Celtista no padecer

Un escudo no meu peito
Sempre Celta!
Un escudo no meu peito
Sempre Celta!

Non sei se podo vivir sen ti
Pero iso éme igual
Non o quero probar
Cada vez que mires atrás
Sempre hei estar aquí

Sempre Celta!