Imágen genérica de cabecera RC Celta

Grupo RC Celta

Traballa co Grupo RC Celta

Qué ofrecemos:

Dende o Grupo RCCelta apóstase e trabállase activamente pola aliñacion da nosa estratexia e obxetivos, co desenvolvemento e a profesionalización das persoas que conforman o noso equipo humán, a través da motivación e a formación continua.

O Grupo RCCelta promove:

  • O emprego estable no Grupo apostando polas relacións duradeiras cos seus empregados/as.
  • Garantir a plena igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, e a eliminar toda forma de discriminacion directa ou indirecta por motivos de xénero.

A sociedade Real Club Celta de Vigo, S.A.D., na tempada 2020/2021 presentou no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia o I Plan de Igualdade.

Para cumprir coas medidas establecidas no I Plan de Igualdade do RC Celta, na tempada 2022/2023, realizouse, entre outras, unha sesion formativa sobre sensibilizacion en igualdade de oportunidades e xénero para todo o personal do Grupo RC Celta
  • Procesos que permiten o desenvolvemento da actividade de xeito ético, transparente e sostenible, impulsando os valores de excelencia, transparencia, sostenibilidade e cercanía como puntos fortes do noso negocio, por isto:
    • Implementa diferentes sistemas de Calidade baixo o estándar UNE EN ISO 9001:2015 certificados pola entidade de acreditación AENOR., na súa orientación á clientela, a xestión de procesos, á mellora continua, …. En definitiva, á excelencia empresarial. Dispoñemos de certificación ISO 9001:2015 na Área Corporativa das empresas do grupo e ISO 9001:2015 no área de seguridade e instalacións do Grupo RC Celta.
    • Tras a crise provocada polo COVID-19, puxéronse en marcha medidas para afrontala volta á normalidade aportando valor nos procesos de continuidade de negocio, implementando boas prácticas na xestión dos riscos derivados do COVID-19 baixo o estándar Protocolo frente ao COVID-19, o que xera confianza entre todos os colectivos (clientela, persoas que conforman o Grupo e público en xeral).

O Grupo RC Celta ofrece:

Formación e desenvolvemento, dado que para o Grupo a formación constitúe unha das liñas básicas e estratéxicas da súa política de xestión de persoas que materializa o compromiso do grupo respecto á mellora continua da profesionalización e a motivación do seu equipo humano.

Proporciónase a todos/as os/as traballadores/as plans de formación adaptados ós seus postos de traballo para conseguir a maior efectividade no desempeño dos mesmos. O plan de formación ten por obxecto determinar a formación que recibirá o persoal á súa incorporación nas sociedades do Grupo, así como describir o sistema de detección de necesidades formativas que xurdirán ó longo da relación laboral.

Os/as empregados/as do Grupo RC Celta realizaron formación, na tempada 2021/2022, para cubrir os seguintes obxetivos establecidos dende a dirección do Grupo:

  • Internacionalización,
  • Dixitalización,
  • Analítica de datos, e
  • Capacitación.

Englobándose a formación recibida polos traballadores/as nas seguintes materias:

  • Prevención de riscos laborais ( todo o persoal),
  • Compliance (todo o persoal),
  • Lei Orgánica de Protección de Datos ( todo o persoal),
  • Plan de Emerxencia (todo o persoal),
  • Cursos de actualización profesional, e
  • Cursos de capacitación e preparación para o desempeño dos obxetivos do Grupo,…

A maiores realízase formación especifica en integridade e apostas e en sensibilización ambiental.

Diversidade e igualdade de oportunidades, atopándose o Grupo firmemente comprometido coa igualdade de oportunidades no acceso ó emprego, independentemente das características individuais das persoas que opten a un mesmo posto de traballo. Dende o Grupo contribúese efectivamente a integrar a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes na actividade diaria.

Actualmente atópanse integradas no equipo de traballo catro persoas con discapacidade. Así mesmo, o persoal na tempada 2021/2022 era multicultural e diversa, con representación de persoas de 14 nacionalidades diferentes.

O Grupo dispón dun protocolo de prevención contra o acoso xa que se traballa activamente por previr e evitar este tipo de situacións, establecendo os mecanismos de control necesarios.

Compensación e beneficios, o persoal do Grupo RC Celta conta cunha serie de vantaxes por pertencer ó Grupo, independentemente da tipoloxía de contrato, como son:

  • Emprego estable, xa que o Grupo aposta por relacións duradeiras coas persoas que conforman o equipo humano,
  • Garantizar a plena igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres,
  • Dous pases para poder asistir ós partidos do primeiro equipo, do Celta B e do Celta C,
  • Desconto en tendas do Grupo RC Celta,
  • Desconto no Campus da Fundación Celta de Vigo, así como no resto das actividades que organizan,
  • Desconto na Clínica do Grupo,
  • Desconto en Restaurante Silabario A Sede,
  • Desconto en Cafe A Sede- El Trigal,
  • Desconto con outras empresas colaboradoras como Sanitas,…
  • Anticipos sobre salarios bonificados (tipo 0%),
  • Seguro de vida e accidentes e premio xubilación, segundo o establecido en convenio, e
  • Accións formativas subvencionadas ó 50% polo Grupo.

Compromiso, adquirido polo Grupo RC Celta con:

  • Prevención de riscos laborais, xa que é unha prioridade protexer ós/ás nosos/as traballadores/as dos riscos que se derivan do seu labor, evitando ou minimizando as causas dos accidentes e enfermidades profesionais.
  • As relacións sociais, tratando as diferentes cuestións que afectan ós/ás traballadores/as en reunións co Comité de Empresa.
  • O respecto ós dereitos humanos, dispoñendo duna canle de denuncias, canaldenuncias@rccelta.es, para a formalizacion dos procedementos de irregularidades ademais dun Manual de Prevención de Delitos.
  • A prevención do acoso sexual, establecendo os mecanismos de control necesarios no protocolo de prevención e erradicación do acoso e establecendo como canle de denuncias para calquera cuestión relacionada co acoso, denunciaacoso@rccelta.es, que é xestionada polo Comité de Prevención do Acoso.
  • Iniciativas desenvolvidas e dirixidas a colectivos con necesidades especiais, como a nosa participación en LaLiga Genuine, co noso equipo Celta integra conformado por persoas con discapacidade intelectual, onde se traballa polos valores e a integridade efectiva.

No Estado de Información Non Financeira da tempada 2021/2022 móstranse os nosos indicadores relativos a cuestións sociais e relativas ó persoal.

Qué buscamos:

 

O Grupo RC Celta ofréceche a oportunidade de descubrir novas metas que se adapten á túa capacidade e experiencia, e permítanche seguir formándote e crecer afrontando novos retos profesionais e gozando de diferentes beneficios.

Formulario de candidato

Se queres traballar connosco, déixanos os teus datos, desenvolvemento académico e traxectoria profesional. Chegará ao noso departamento de RRHH.