Queres colaborar coa Fundación RC Celta?
Ser Membro Colaborador da Fundación Celta é moi sinxelo. Podes acceder ao formulario desde o seguinte enlace e cubrir o cuestionario. Porémonos en contacto contigo para tramitar a alta ou ampliar calquera información que necesites sobre a Fundación e as suas actividades.
Por que colaborar coa Fundación Celta?

A Canteira
Pola Canteira, obxectivo principal da Fundación e futuro do Club; a Fundación busca fomentar o crecemento e desenvolvemento tanto da parte deportiva como da humana dos nosos mozos canteiráns.

A importancia do deporte
Porque promovemos o deporte, difundimos a súa importancia, investigamos métodos para a mellora e eficacia nos resultados deportivos e utilizamos os nosos recursos no desenvolvemento persoal dos mozos na consecución das súas metas deportivas.

Pensando nos demais
Polo noso servizo aos hospitais, á infancia, a todos os focos de desprotección e necesidade cos que colaboramos, tentando devolver todo aquilo que a sociedade nos achega.

Os valores
Pola nosa divulgación dos valores do deporte a través de charlas en centros educativos e clubs de fútbol, pola transmisión á sociedade da importancia das calidades da actividade física e por incidir sobre a súa influencia en aptitudes fundamentais para un correcto desenvolvemento persoal.

A historia do club
Pola nosa contribución ao estudio da historia do RC Celta mediante a creación e conservación do Museo e difusión deste a través de innumerables visitas guiadas.

Beneficios fiscais
Polos importantes beneficios fiscais que permiten obter deducións no IRPF e IS dende o 35 % ata o 80 % do total das colaboracións.