Boas noticias na poboada enfermaría celeste. Iago Aspas e Joseph Aidoo completaron xunto ao resto dos seus compañeiros o adestramento deste sábado e ambos recibiron a alta médica. Os dous xogadores estarán a disposición de Eduardo Coudet mañá ante o Villarreal.
O adestrador do RC Celta, Eduardo Coudet, convocou a 21 xogadores para o partido da trixésimo quinta xornada de LaLiga na que o RC Celta visita ao Villarreal (domingo, 18:30, La Cerámica). A lista completa fórmana: Iván Villar, Hugo Mallo, Araújo, Denis Suárez, Fran Beltrán, Nolito, Iago Aspas, Ferreyra, Juncà, Aidoo, Aarón Martín, Kevin Vázquez, … Continuación
A pesar de que o partido ante o Levante trouxo catro baixas de xogadores celestes, a enfermaría respira un pouco coa alta médica de Hugo Mallo, que completou con normalidade o adestramento xunto ao resto dos seus compañeiros. O capitán do RC Celta estará a disposición de Eduardo Coudet para o partido do próximo domingo … Continuación
Por fin chegou a ansiada permanencia matemática. O RC Celta venceu ao Levante con autoridade e asegura definitivamente a súa participación en Primeira División por décima tempada consecutiva. Brais Méndez e Augusto Solari marcaron os goles. O Celta arrincou o encontro con moita forza, incisivo en ataque e seguro atrás. Até dúas ocasións claras logrou … Continuación
A vitoria ante o Levante trouxo moi malas noticias na enfermaría celeste. Até catro xogadores tivéronse que retirar do campo antes de tempo por diferentes problemas musculares. Renato Tapia sofre unha lesión no bíceps femoral da súa perna esquerda e Jeison Murillo unha lesión no recto anterior esquerdo. Ambos os casos poden ser roturas fibrilares. … Continuación