Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-80/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-80/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427

O RC Celta mostra a súa mellor versión e vence ao Levante con autoridade (2-0) - RC Celta
brais mendez solari 300421
Primeiro Equipo

O RC Celta mostra a súa mellor versión e vence ao Levante con autoridade (2-0)

RC Celta

Por fin chegou a ansiada permanencia matemática. O RC Celta venceu ao Levante con autoridade e asegura definitivamente a súa participación en Primeira División por décima tempada consecutiva. Brais Méndez e Augusto Solari marcaron os goles.

O Celta arrincou o encontro con moita forza, incisivo en ataque e seguro atrás. Até dúas ocasións claras logrou crear o cadro celeste no primeiros quince minutos, xogadas protagonizadas por uns Iago Aspas e Nolito eléctricos aos que se lles escapou o gol por moi pouco.

Á media hora de xogo chegou a primeira lesión. O incombustible Renato Tapia tivo que ser substituído por unhas molestias físicas. No seu lugar entrou Fran Beltrán.

Coa saída do internacional peruano os celestes, aínda mantendo o dominio do balón, rebaixaron o nivel de intensidade mostrado até entón. A xogada polémica chegou ao fío do descanso, no minuto 42, cando Santi Mina caeu na área rival. O colexiado indicou penalti de inmediato, pero a sala VAR corrixiu a súa decisión ao advertir un fóra de xogo previo do dianteiro galego.

A superioridade celeste continuou tras a continuación pero, agora si, acompañada de efectividade. No minuto 50 Iago Aspas serviu o balón en bandexa para que Brais Méndez definise de maneira sublime, ao primeiro toque. Un golazo. O propio Méndez gozou dunha nova ocasión poucos minutos despois, á contra, pero o porteiro granota acertou a despexar o balón.

Os reveses físicos non deixaron de perseguir aos célticos. No minuto 65, Iago Aspas tivo que pedir o cambio por lesión cedendo o seu lugar no campo a Augusto Solari. O arxentino rendeu a bo nivel e necesitou menos de dez minutos sobre o terreo de xogo para asinar o definitivo 2-0, o seu primeiro gol coa camiseta do RC Celta.

FICHA TÉCNICA

2 – RC Celta: Iván Villar, Kevin, Aidoo (Araújo, min.46), Murillo, Fontán (Aarón, min.46), Tapia (Beltrán, min.28), Denis Suárez, Brais Méndez, Nolito (Ferreyra, min 85), Santi Mina, Iago Aspas (Solari, min.65).

0 – Levante UD: Cárdenas, Pier (Doukoure, min 83), Duarte (Miramón, min 79), Roger, Bardhi (Rochina, min.67), Rubén Vezo, Postigo, De Frutos, Clerc, Melero (Morales, minn 79), Cantero (León, min 79)

Goles: Brais Méndez (1-0, min.50), Solari (2-0, min.73).

Árbitro: Jaime Latre, do comité aragonés. Amonestou a Fontán e Kevin polo RC Celta, a Melero, Vezo polo Levante UD.

Campo: Abanca Balaídos (sen público).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas