Sergi Gómez, celeste ata 2019

  O Real Club Celta continúa perfilando o seu proxecto deportivo de cara á histórica tempada 2016/17. O defensa central Sergi Gómez renovou este luns o seu compromiso co club vigués e será xogador celeste ata o ano 2019.   Gómez chegou ao RC Celta aos 22 anos, na tempada 2014/15. Desde entón pasou de … Continuación

O Celta comeza a súa posta a punto para unha emocionante tempada

  O primeiro equipo arrincou este luns o traballo de pretemporada cunha intensa sesión de adestramento na Madroa. Os xogadores reencontráronse nas instalacións deportivas tras gozar das súas vacacións e deron a benvida a José Naranjo, primeira fichaxe do Celta para a nova tempada, quen se exercitou por primeira vez baixo as ordes de Eduardo … Continuación

Lugo, Valladolid, Fiorentina, Pisa e Pescara: rivais confirmados para a pretempada celeste

  O Celta xa prepara a nova tempada nas Instalacións Deportivas da Madroa. Os celestes iniciaron a súa posta a punto esta semana co obxectivo de chegar ao comezo da competición cun gran nivel. Antes de que arrinque a Liga, os de Berizzo afrontarán varios partidos amigables, o primeiro deles ante o CD Lugo o … Continuación

O Celta incorpora xuventude, velocidade e proxección co galego Álvaro Lemos

  O RC Celta e o CD Lugo pecharon hoxe un acordo para o traspaso dos dereitos federativos do xogador Álvaro Lemos, quen será celeste as próximas cinco tempadas a expensas das pertinentes probas médicas. O acordo foi selado na sede social celeste polos presidentes do Celta, Carlos Mouriño, e do Lugo, Constantino Saqués.   … Continuación

Álvaro Lemos xa é xogador do Celta

  O xogador Álvaro Lemos converteuse no segundo reforzo do Celta para a tempada 2016/17 tras superar o recoñecemento médico e asinar o seu contrato. O mozo lateral dereito, celeste o próximas cinco tempadas, incorporarase este mércores aos adestramentos do equipo na Madroa.   Álvaro Lemos (Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1993) é … Continuación

Álvaro Lemos preséntase este xoves en Balaídos

  A presentación de Álvaro Lemos, segundo reforzo do Celta para a nova tempada, terá lugar este xoves ás 13:00 horas no Estadio de Balaídos. Os afeccionados poderán presenciar a rolda de prensa e a primeira sesión fotográfica do xogador desde a bancada de Río Baixo, á que accederase a través da porta 18. O … Continuación

Lemos: “Veño a un gran club. Ala Celta!”

  Álvaro Lemos xa é futbolista do RC Celta. O segundo reforzo do club vigués presentouse ante os medios e a afección nun acto celebrado sobre o terreo de xogo de Balaídos. O defensa galego estivo acompañado pola conselleira Carmen Avendaño e polo director deportivo Felipe Miñambres.   Avendaño deu a benvida ao santiagués e, … Continuación

O Celta viaxa este mes a Uruguai para participar en LaLiga World

  O Real Club Celta estréase ao grande na LaLiga World, iniciativa que ten como obxectivo potenciar a proxección internacional dos clubs españois, cun apaixonante torneo que terá lugar este mes de xullo en Montevideo, capital de Uruguai. O equipo vigués participará entre os días 21 e 23 do presente mes nun torneo cuadrangular enmarcado … Continuación

Pretempada 2016/17

  Luns 04/07: inicio dos adestramentos na Madroa Sábado 16/07: Celta v Lugo (1-2)   Luns 18/07: viaxe a Uruguai - LFP World Challenge Xoves 21/07: Celta v Deportivo (2-0) Sábado 23/07: Nacional v Celta (2-0) Luns 25/07: regreso de Uruguai     Xoves 28/07: Celta v Valladolid (2-0)   Domingo 31/07: viaxe a Italia - … Continuación

O Celta, a falta de probas médicas, refórzase co internacional arxentino Roncaglia

  Unha das posicións que o club marcara como prioritaria para reforzar o plantel da tempada 2016/2017 está a piques de ser cuberta. A falta da revisión médica e da firma do acordo definitivo, o experimentado e versátil central Facundo Roncaglia, internacional absoluto con Arxentina e con protagonismo na recente Copa América, será a terceira … Continuación