Luto no RC Celta polo falecemento do ex xogador celeste Hermindo Pintos

Pesar, tristeza e consternación na familia celeste polo falecemento de Hermindo Pintos, ex xogador do club durante oito tempadas (1958-1966). O RC Celta quere transmitirlles á súa familia e amigos o seu máis sentido pésame por esta perda. DEP

O celtismo elixirá o nome da nova cidade deportiva entre catro opcións

A nova cidade deportiva do RC Celta ultima a súa posta a punto para recibir nas próximas semanas aos xogadores do primeiro equipo e do filial. Un proxecto ilusionante e necesario para a familia celtista e que está a poucos días de recibir un nome que perdurará na historia do club. A pasada semana finalizou … Continuación

A atención ao abonado realizarase exclusivamente a través do portal Escoitamos

O servizo de atención aos abonados do RC Celta, unha vez finalizados todos os trámites relativos á tempada 2019/20 e co obxectivo de cumprir cos protocolos de seguridade, trasladará toda a súa xestión, a partir do próximo 1 de setembro, desde a oficina situada no estadio ABANCA Balaídos ao portal Escoitamos. A partir de setembro … Continuación

A familia celeste elixirá o nome da nova cidade deportiva do RC Celta entre dez opcións

A cidade deportiva do RC Celta está a poucas semanas de recibir aos xogadores do primeiro equipo para afrontar a esixente tempada 20/21. Este proxecto, que colma de ilusión ao celtismo e cobre as necesidades do club para poder potenciar e mellorar o seu traballo, tanto na canteira como no seu filial e primeiro equipo, … Continuación

Carlos Mouriño: “Estamos co Celta e sempre faremos o mellor para o Celta”

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, compareceu este xoves ante os medios de comunicación para abordar toda a actualidade institucional e deportiva do club. Ao comezo da súa intervención, o presidente celeste recoñeceu que a tempada 19/20 foi "malísima" e asegurou estar a traballar xa para mellorar. "Imos procurar refacer ao máximo os fallos … Continuación

O RC Celta e Betway unen os seus camiños cun importante acordo de colaboración

O RC Celta e Betway selaron un importante acordo de colaboración que converte á firma en  patrocinador oficial como 'casa de apostas oficial' do club. O acordo terá unha duración de dous anos, con posibilidade de ampliación a un terceiro, e inclúe publicidade en soportes estáticos e dinámicos do estadio e contidos promocionais asociados aos … Continuación

O presidente repasa a actualidade do club este xoves en directo en Celta Media

Carlos Mouriño protagonizará este xoves 13 de agosto a partir das 11:00 horas un repaso á actualidade celeste. O encontro do presidente do RC Celta cos medios de comunicación, que volverá ter como escenario o Salón Rexio da Sede, poderá ser seguido en directo por todos os afeccionados a través da canle oficial do club … Continuación

O RC Celta retoma a devolución do importe das entradas ante o Vilarreal

O RC Celta renova este luns a devolución do importe a todos os afeccionados que adquiriron unha entrada para o partido de LaLiga ante o Vilarreal fixado inicialmente para o 14 de marzo en ABANCA Balaídos e que foi aprazado debido á alerta sanitaria xerada polo COVID-19. Ao comprarse aquelas localidades de maneira presencial nas … Continuación

O Grupo RC Celta recibe o certificado AENOR de protocolos de actuación fronte ao COVID-19

O Grupo RC Celta acaba de recibir o certificado AENOR de protocolos de actuación fronte ao COVID-19, un recoñecemento que destaca as medidas e protocolos postos en marcha polo grupo, colaborando no proceso de volta á normalidade, no control da situación sanitaria do día a día e achegando valor nos procesos de continuidade de negocio. … Continuación

Mensaxe de afecto a Espanyol, Mallorca e Leganés

O RC Celta quere mandar unha mensaxe de afecto a RCD Espanyol, RCD Mallorca e CD Leganés tras o seu descenso a Segunda División nunha tempada tan complicada e chea de dificultades para todos os clubs. Os tres conxuntos demostraron a súa coraxe ao longo das 38 xornadas do campionato e competiron até o final … Continuación