Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-82/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 419

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-82/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 427
O RC Celta e Betway unen os seus camiños cun importante acordo de colaboración - RC Celta
composite-RC-Celta-Betway.jpg
Novas club

O RC Celta e Betway unen os seus camiños cun importante acordo de colaboración

RC Celta

O RC Celta e Betway selaron un importante acordo de colaboración que converte á firma en  patrocinador oficial como ‘casa de apostas oficial’ do club. O acordo terá unha duración de dous anos, con posibilidade de ampliación a un terceiro, e inclúe publicidade en soportes estáticos e dinámicos do estadio e contidos promocionais asociados aos partidos e á actualidade do primeiro equipo e que permitirán achegar aos xogadores celestes aos afeccionados.

O vicepresidente do club, Ricardo Barros destacou que “no RC Celta estamos moi satisfeitos con este acordo, xa que é moi importante para o deporte que unha marca de prestixio internacional ofreza o seu apoio nuns momentos especialmente complicados”.

“Non resulta sinxelo obter este tipo de apoios nas actuais circunstancias, con tanta incerteza social e económica, e por iso no club valoramos de maneira moi positiva este acordo, que nos permite seguir crecendo como entidade e marca, e seguir avanzando na nosa expansión internacional”, engadiu.

O RC Celta leva 9 tempadas consecutivas en LaLiga Santander, en 1ª División, e sempre no Top-10 en termos de audiencias e seguidores. Betway leva patrocinando equipos en LaLiga Santander desde 2018, ademais de ter presenza noutros campionatos, como a Premier League, onde colabora co West Ham United desde 2015.

SOBRE BETWAY GROUP

O grupo Betway é un innovador provedor de entretemento a nivel de casinos, bingo lotarías, apostas deportivas e esports. Fundada en 2006, a compañía líder no seu sector opera en varios mercados regulados e ten licenza en Reino Unido, Malta, Italia, Dinamarca, España, Bélxica, Alemaña e Irlanda. Ten a súa base en Malta e Guernesey, e dá emprego a ao redor de 1.500 persoas.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas