A Fundación Celta de Vigo organiza cada ano a campaña de doazón de sangue denominado «Sangue Celeste». Este ano será o xoves 19 de decembro, entre as 9 da mañá e as 21 horas nas inmediacións do estadio de Balaidos.
A campaña realízase en colaboración co Centro de transfusión de sangue de Galicia, que son os encargados de trasladar dous autobuses habilitados para realizar doazóns. Co fin de mobilizar ao celtismo e demostrar a cara máis solidaria do fútbol, se organizado esta xornada de doazóns nas que ademais se regalarán camisetas, como as que locen Yoel e Jonny no cartel promocional, a todos aqueles que acudan a doar (ata fin de existencias).
O Centro de Transfusión de Galicia é unha Fundación pública, dependente da Consellería da Sanidade, e iniciou as súas actividades en agosto de 1993. Situado no campus universitario de Santiago, subministra compoñentes sanguíneos as 24 horas do día a tódolos centros sanitarios da comunidade autónoma e leva varios anos colaborado coa Fundación Celta nesta campaña destinada principalmente á afecion celeste pero que queda aberta a calquera que desexe colaborar.
Máis info sobre o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia: http://ctg.sergas.es/