A Fundación Celta volve un ano máis a participar no parque infantil Vigolandia, que organiza cada ano o Instituto Feiral de Vigo e no que teñen cabida as principais institucións da cidade.
Un parque destinado aos máis pequenos, con xogos e actividades de todo tipo onde o Celta e a Fundación terán un papel importante, animando os nenos a practicar deporte. Na zona Celta, haberá inchables, fútbol 3 x 3 e moitas sorpresas para todos os asistentes.
O ano pasado, máis de 18.000 persoas reuníronse nos 5 días que días que durou o evento. Este ano, dende o 26 ao 30 de decembro, será posible asistir a gozar dun Nadal cheo de actividades lúdicas.