O club envía unha mensaxe de agradecemento ao celtismo pola súa exemplar entrega ante o Zaragoza
O Real Club Celta, o corpo técnico e os xogadores, desexan expresar o seu máis profundo agradecemento aos miles de celtistas que onte apoiaron ao seu equipo dunha forma impresionante.
Os afeccionados que acudiron a Balaídos ofreceron unha lección de fe e fidelidade cara ao club vigués desde antes do comezo do partido, cun espectacular recibimento ao equipo no que o fervor e a paixón se tiñeron de celeste e vermello.
Durante o encontro as mostras de apoio foron constantes, mesmo cando o Zaragoza anotou o seu tanto. Da man da inchada celeste, os xogadores deron a volta ao marcador cun tanto para a esperanza practicamente sobre a bocina.
A vitoria sabe a premio, tanto para o plantel como para os afeccionados, pero esta tan só foi unha do sete batallas que restaban por loitar. Coa unión de toda a familia celtista o obxectivo da permanencia farase máis tanxible, máis próximo. Que a mensaxe do celtismo soe alto e claro: #NonNosRendemos
Foto: Diego Pérez