O pasado 7 de outubro tivo lugar a inauguración da nova PenaCeltista Jomato, situada na cafetaría do seu mesmo nome situada na Travesía de Vigo. O acto converteuse nunha festa grazas á presenza de Álex López e Sergio Álvarez que xunto a Serafín Alonso, director da Fundación, fixeron de representantes do Celta para este acto.
Unha pena que nace con moita ilusión e a esperanza de ser un centro de reunión do celtismo no centro da cidade de Vigo.
Fotografías do evento cedidas pola peña.