Eduardo Berizzo convocou a 25 xogadores, entre eles aos canteiráns Iván Villar e Pape Cheikh, de cara á cuarta xornada da UEFA Europa League na que o Celta enfróntase ao Ajax en Amsterdam (xoves, 21:05, Amsterdam Arena).
A lista completa fórmana: Sergio, Rubén Blanco, Iván Villar, Hugo Mallo, Fontàs, David Costas, Marcelo Díaz, Radoja, Bongonda, Pablo Hernández, Guidetti, Iago Aspas, Sisto, Lemos, Naranjo, Wass, Jonny, Sergi Gómez, Planas, Cabral, Señé, Roncaglia, Rossi e Pape Cheikh. Orellana, baixa por unha escordadura leve, tamén forma parte da expedición.
Beauvue, baixa por lesión, continúa co seu traballo específico de recuperación.