A canle celeste retransmitirá o choque ante el conxunto turco en riguroso directo a través da súa web
CeltaTV retransmitirá o partido amigable ante o Galatasaray que o Celta disputa este mércores en Villach (Austria). A canle celeste non tiña previsto emitir este atractivo encontro debido a restricións nos dereitos de emisión, pero finalmente os afeccionados célticos que poderán seguir o choque a través da web do CeltaTV, en directo e con boa calidade de imaxe e son.
Este mércores 22 de xullo, a partir das 20:30h, segue en directo o partido do Celta ante o Galatasaray na pestana DIRECTO de celtatv.interoud.tv (retransmisión só dispoñible para España por mor dos dereitos de emisión).
* O partido tamén poderá seguirse a través da televisión na TVG-2.