O canteirán xogará un amistoso ante Nixeria o 14 de novembro, en Miami (EEUU)
O seleccionador de Venezuela, César Farías, convocou a Andrés Túñez, xogador do primeiro equipo, para un partido amistoso ante a Selección de Nixeria. O defensa celeste unirase o luns 12 de novembro á expedición venezolana, que se desplazará ata Miami (EEUU) para disputar o encontro ante o conxunto africano o mércores 14 de novembro.
Andrés Túñez regresará a Vigo o día despois do partido, o xoves 15 de novembro.