O Celta Fortuna alcanza un novo obxectivo ao redondear o persoal coas incorporacións de Yoel Lago e Manu Fernández. Ambos canteiráns xa son xogadores do primeiro filial celeste a todos os efectos e estrearán ficha federativa neste mercado invernal.
Yoel e Manu, formados no Fútbol Base do RC Celta, inician unha nova e ilusionante etapa no club. Un paso polo Fortuna que xa puideron gozar durante a presente tempada, sendo protagonistas nun total de 16 partidos cada un.