A Fundación Celta organizou na mañá de hoxe no estadio Abanca Balaídos, unha Xornada de Coaching e Liderado para a empresa Borgwarner Emissions Systems Spain S.L. da man de Carlos Hugo García Bayón, director da canteira e membro do Corpo Técnico do primeiro equipo.
Germán Arteta director da Fundación, realizou a introdución da xornada a un total de 26 asistentes que gozaron e participaron de maneira activa en tres interesantes relatorios:
- ‘O fútbol como alegoría empresarial’, celebrada na sala de prensa.
- ‘Xestión de situacións de crises e conflito: role play de liderado’ no vestiario do primeiro equipo.
- ‘Casos reais no fútbol profesional’ no banco a pé de campo.
A xornada culminou cun cátering servido no palco de autoridades do estadio.