A Madroa acolleu un encontro de preparación para a Selección Galega. Os celestes gañaron 4-1
O Celta Xuvenil de División de Honra disputou este mércores na Madroa un amigable ante a Selección Galega Sub-18. O conxunto celeste superou con claridade ao combinado galego por 4 goles a 1. Adrián Iglesias por partida dobre, Antón e Nacho foron os autores dos tantos célticos.