Segunda vitoria consecutiva para un Celta B que conseguiu un traballado triunfo (1-3) ante o Real Valladolid Promesas nos Anexos ao José Zorrilla. O Celta B adiantouse no marcador con dous goles na primeira metade e, a pesar de encaixar un gol no ecuador do segundo tempo, foi quen de levar tres puntos moi importantes tras sentenciar no tempo de desconto.
Un partido que comezaba con moito ritmo, con ocasións claras para ambos os equipos, incluido un remate dos locais ao traveseiro. O Celta B saíu vencedor deste ida e volta despois dun contragolpe de Fabrício que, tras gañar a carreira ao seu defensor, facía o 0-1. O 0-2 puido chegar pouco despois tras un centro de Javi Gómez que acabaría na madeira despois dun mal despexe dun defensor local. O Valladolid Promesas repúxose tras o gol e, cando mellor estaban os de Baptista, Miguel Rodríguez pivotaba na frontal da área e sacaba un zurdazo para facer o 0-2 ao descanso.
Tras o paso por vestiarios, o Valladolid Promesas puxo unha marcha máis ao encontro e esixiu un gran esforzo á zaga e a Gaizka, salvador baixo paus. A arrancada local fraguouse no 1-2 a vinte minutos para o final, un tramo final de partido no que os de Onésimo non só foron capaces de manter a súa vantaxe, senón que sentenciaron no desconto por medio de Alfon.
Despois desta vitoria, o Celta B dorme este sábado en terceira posición do grupo I de Primeira RFEF Footters con 37 puntos, a falta da xornada dominical. Tras este triunfo, o segundo equipo céltico recibirá en casa o vindeiro domingo 13 de febreiro ás 12:00 ao Rayo Majadahonda.
FICHA TÉCNICA
1 – REAL VALLADOLID PROMESAS: Aceves; Lucas Rosa, Palomeque, Amoah, Diego Moreno; Mikel Carro, Ortuño, Moha (Slavy, min. 70); Castri (Chuki, min. 59), Sergio Benito, Arroyo.
3 – RC CELTA B: Gaizka Campos; Carrique (Medrano, min. 79), Álex Martín, Javi Castro, Diego Pampín; Cedric (Fran López, min. 79), Carbonell, Gabri Veiga, Javi Gómez (C. Beitia, min. 65); Miguel Rodríguez (Alfon, min. 65), Fabrício (Lautaro, min. 79).
Goles: Fabrício (0-1, min. 21); Miguel Rodríguez (0-2, min. 43); Sergio Benito (1-2, min. 70); Alfon (1-3, min. 90+5).
Árbitro: Etayo Herrera, do colexio vasco. Amonestou a Lucas Rosa, del Valladolid Promesas, e a Fabrício y Carrique, do Celta B.
Campo: Anexos José Zorrilla.