Novas canteira

Unha pretempada chea de fútbol: o Celta B xogará dez amigables

RC Celta

celta_b_pretemporada_2017.jpg

 

O Celta B vivirá unha pretemporada chea de fútbol coa disputa de ata dez partidos amigables, oito deles xa confirmados. Leixoes, Selección de Angola, Iberos FC, CyD Leonesa, Mondariz FC, Areas FC, Asfar Rabat e FC Felgueiras son os primeiros rivais definidos.

 

Tan só cinco días despois do regreso ao traballo, o equipo adestrado polo vigués Rubén Albés afronta o seu primeiro compromiso estival. Será este sábado 15 de xullo na localidade portuguesa de Leixoes, onde o cadro vigués acode convidado polo Leixoes Sport Club Futebol para formar parte da súa presentación oficial. O encontro, para o que xa se esgotaron as entradas, comezará ás 16:00 (hora portuguesa).

 

Leixoes – Celta B

Sábado 15 de xullo | 16:00 | Leixoes (Portugal)

 

Celta B – Selección de Angola

Martes 18 de xullo | 18:30 | Barreiro (Vigo)

 

Celta B – Iberos FC

Sábado 22 de xullo | 18:00 | Melgaço (Portugal)

 

Celta B – CyD Leonesa

Martes 25 de xullo | 19:30 | Verín (Ourense)

 

Mondariz FC – Celta B

Mércores 26 de xullo | 20:00 | Mondariz (Pontevedra)

 

Areas FC – Celta B

Sábado 29 de xullo | 19:00 | Areas (Pontevedra)

 

Celta B – Asfar Rabat

Xoves 10 de agosto | 19:00 | Melgaço (Portugal)

 

FC Felgueiras – Celta B

Domingo 13 de agosto | 18:00 | Felgueiras (Portugal)

 

*HORARIOS LOCAIS

RC Celta

Etiquetas

Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas