Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Un penalti acaba cun correoso Celta B en Ferrol - RC Celta
Hemeroteca canteira

Un penalti acaba cun correoso Celta B en Ferrol

RC Celta

Os vigueses baleiráronse ante un Racing que marcou ao borde do descanso tras unha discutida pena máxima e no desconto do choque

Un discutido penalti no último minuto da primeira metade acabou en Ferrol cun Celta B que pelexou en busca duns puntos que necesita para manter a súa loita, pero que se lle negan. Os celestes buscaron con fe e empeño o partido, pero non foron capaces de superar a un Racing de Ferrol que tamén pelexou ata a extenuación.

A primeira metade foi dunha intensidade enorme, cunha presión incansable desde a primeira liña ata a última en ambos equipos. Este empeño traduciuse nunha gran escaseza de ocasións. Desde os primeiros instantes, cunha gran parada de Rubén BLanco, ata o último minuto, cun discutido penalti a favor do cadro local, apenas un par de aproximaciones con perigo.

Esta igualdade, o triunfo do traballo defensivo, caeu nos últimos segundos baixo unha discutida decisión, un penalti sinalado a favor do Racing de Ferrol por unha acción do lateral Samu. Manu Barreiro anotou, xa no desconto, para desnivelar unha primeira metade que tiña que acabar sen goles.

Tralo descanso, o Celta B tratou de dar un paso adiante ante un rival cómodo na súa casa coa vantaxe adquirida. Os locais mantiñan a súa firmeza defensiva e buscaban na desesperación do necesitado filial os espazos para correr e sorprender.

Os vigueses baleiráronse en busca do empate, empuxaron con decisión, asumiron riscos. Así chegaron algunhas xogadas con perigo, pero sen finalización. O B pelexou ata o final, fixo méritos para sacar algo positivo, pero caeu, iso si, baleiro polo enorme esforzo realizado. Xa no desconto, co filial envorcado, Marcos Álvarez pechou o partido.

FICHA TÉCNICA

2-R.Ferrol: Camacho (Marcos Souto, min.19), Rubén Comesaña, Pumar, Víctor Vázquez, Antonio, Iosu Villar, Diego Vela (Marcos Álvarez, min.57), Dani Rodríguez, Iago Iglesias (Pérez, min.83), Pablo Rey y Manu Barreiro

0-Celta B: Rubén Blanco, Soto, Goldar, Costas, Samu (Antón, min.80), Borja Domínguez, Borja Fernández (Thaylor, min.80), Añón, Fernán (Marcos Torres, min.68), Yelko y Borja Iglesias

Goles: 1-0, min.45: Manu Barreiro, de penalti; 2-0, min.83: Marcos Álvarez

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas