Fundación

Un grupo de refuxiados en Grecia xa luce as cores do RC Celta

RC Celta

Un grupo de refuxiados que viven en Grecia xa loce as cores do RC Celta. A Fundación Celta, en colaboración co Proxecto RefOOtges 11/90 da ONG Acciò Solidaria Mediterrània, enviou distintos equipamentos do club para que decenas de nenos e nenas puidesen vestilas nos diferentes partidos amigables que disputan cada semana.

Con esta acción a Fundación Celta apóiase no fútbol como ferramenta que fomenta a integración, a socialización e o traballo en equipo para persoas en situación de desprotección, vulnerabilidade, risco e/ou exclusión social.

Proxecto RefOOtges 11/90

Nos últimos anos, millóns de persoas procedentes de Siria, Palestina, Iraq, Irán e outros países veciños han fuxido das súas casas por mor dos conflitos armados que hai nestes territorios. Moitas delas viaxaron até Europa coa esperanza de retomar as súas vidas lonxe da guerra. O peche de fronteiras ocasionou que miles de persoas quedasen atrapadas en Grecia e Turquía.

O proxecto RefOOtgees 11/90 nace coa idea de dotar aos participantes do mesmo dun tempo de esparexemento e diversión da man do deporte. Un espazo que axude aos nenos e mozos que, por circunstancias alleas á súa propia vontade víronse obrigados a abandonar o seu país, a súa casa, a súa vida, para sobrevivir ao conflito armado. Sobre todo novos que, actualmente, ven pasar os días sen ningunha actividade que lles permita evadirse da realidade, feito este que lles empuxa en moitos casos á depresión, apatía crónica e mesmo ás drogas ou alcol.

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Novas fundación Fundación Fundación Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas