O Celta B sumou o seu décimo partido sen perder como local cunha vitoria (1-0) ante o Linense. O partido disputado en Barreiro foi de total dominio dos homes de Claudio Giráldez. Os tres puntos chegaron grazas a un penalti transformado por Damián. O árbitro deixou en inferioridade aos celestes por unha dobre tarxeta amarela a Javi Rodríguez.
O Celta B soubo aguantar o resultado e certifica a súa boa marcha no campionato ligueiro. O vindeiro domingo ás 17:00 horas o Celta B recibe en casa a Unionistas de Salamanca