Un gol de Ayala nos primeiros minutos do partido en Guijuelo inclinou a balanza a favor dos locais. Tras un arranque titubeante, no que se viron excedidos polo seu rival, o Celta B tomou o mando transcorridos quince minutos de xogo e non o cedeu ata o asubío final.
Os celestes buscaron o gol con insistencia, asumindo máis riscos nun segundo tempo no que o Guijuelo rozou o segundo tanto. Ao filial celeste escapáronselle os puntos no peche dunha primeira volta que, a pesar desta derrota, foi extraordinaria. Os vigueses finalizan o ano en postos de promoción.
FICHA TÉCNICA
1-Guijuelo: Kike, Raúl Ruiz, Ayala (Abel, min.58), Julio Algar, Carlos Rubén; Borja, Luque, Fuster (Juanra, min.83), Antonio Pino (Diego Suárez, min.58), Manzano, Manu Dimas.
0-Celta B: Jero, Riki, Costa, Rai, Alende, Pampín, Molina, Juan, Drazic (Pastrana, min.69), Agus, Dennis (Aarón, min.79).
Gol: Ayala (1-0, min.6).
Árbitro: Iglesias Gutiérrez, do comité cántabro. Amonestou a Kike (Guijuelo); Alende, Dennis e Agus (Celta).
Campo: Municipal de Guijuelo.