Novas canteira

Un derbi galego para o debut ligueiro do Celta B

RC Celta

celta_b_angola_once.jpg

 

A RFEF sorteou este mércores o calendario da Segunda División B. O Celta B iniciará a competición ligueira como local ante un do cinco rivais galegos cos que esta tempada comparte grupo, o Pontevedra CF. A falta de confirmación do horario, o primeiro partido do filial celeste disputarase en Barreiro o próximo 20 de agosto.

 

Xa o 24 de setembro, coincidindo coa sexta xornada, Barreiro acollerá un emocionante duelo vigués entre o Celta e o Rápido de Bouzas, sen dúbida unha data marcada en vermello no calendario de moitos cidadáns olívicos do mesmo xeito que o encontro de volta no Baltasar Pujales, fixado para o 11 de febreiro con motivo da xornada 25. O outro derbi vigués, ante o Coruxo, disputarase nas xornadas 14 e 33.

 

Será unha campaña chea de partidos entre clubs galegos. O filial céltico medirase ao Cerceda nas xornadas 7 e 26, ao RC Ferrol nas xornadas 11 e 30 e ao Deportivo B nas xornadas 16 e 35. Consulta o calendario completo AQUÍ.

 

Celta B – Pontevedra CF

Xornada 1 (20.08.17)

Xornada 20 (7.1.18)

 

Celta B – Rápido de Bouzas

Xornada 6 (24.09.17)

Xornada 25 (11.2.18)

 

CCD Cerceda – Celta B

Xornada 7 (1.10.17)

Xornada 26 (18.2.18)

 

RC Ferrol – Celta B

Xornada 11 (29.10.17)

Xornada 30 (18.3.18)

 

Celta B – Coruxo FC

Xornada 14 (12.11.17)

Xornada 33 (8.4.18)

 

Celta B – Deportivo B

Xornada 16 (26.11.17)

Xornada 35 (22.4.18)

RC Celta

Etiquetas

Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas