Os de Rubén Albés están a deixar unhas sensacións moi positivas nesta pretempada. Tras 7 partidos de preparación, o Celta B mantense invicto cun rexistro de 3 vitorias e 4 empates, o último ante o Rápido de Bouzas este xoves no Baltasar Pujales.
O cadro aurinegro foi o primeiro en anotar, aos 30 minutos de xogo, tras unha boa xogada culminada polo ex céltico Youssef. Xa no segundo tempo Drazic, titular neste encontro, sufriu un penalti que o alemán Dennis Eckert encargouse de executar. O porteiro do Rápido estivo moi acertado e frustrou o gol do empate. Ao fío do asubío final o canteirán Solís anotou o 1-1, unha diana que permite manter ao filial a súa condición de invicto nesta pretempada.
Os celestes xogan o seu próximo partido este domingo 6 de agosto ás 19:00 ante o CD Lugo en Taboada.
Leixoes – Celta B
1-1
Celta B – Selección de Angola
0-0
Celta B – Iberos FC
7-0
Celta B – CyD Leonesa
1-1 (4-5 en penaltis)
Mondariz FC – Celta B
1-10
Areas FC – Celta B
0-5
Rápido de Bouzas – Celta B
1-1
CD Lugo – Celta B
Domingo 6 de agosto | 19:00 | A Medela (Taboada)
Celta B – Asfar Rabat
Xoves 10 de agosto | 19:00 | Melgaço (Portugal)
FC Felgueiras – Celta B
Domingo 13 de agosto | 18:00 | Felgueiras (Portugal)
*HORARIOS LOCAIS