O técnico madrileño dirixirá o Celta B durante a tempada 2015/2016
O novo adestrador do Celta B, Javier Torres Gómez, asistiu esta mañá á presentación de Carlos Hugo García-Bayón como director da canteira celeste. O técnico madrileño valorou a súa incorporación ao segundo equipo celeste tras a conclusión do acto: “Os últimos catro anos traballei en Terceira con filiais. Vir ao Celta supón un salto de categoría e chegar a un club cunha canteira ben traballada e con moito prestixio”, declarou o xa adestrador céltico.
Torres Gómez posúe un sólido currículo á fronte de bancos de conxuntos filiais. A pasada campaña estivo á fronte do Vilarreal C, quedando ás portas do playoff de promoción a 2ªB, e o tres tempadas anteriores liderou a un Valladolid B co que logrou o primeiro posto do seu grupo e o ascenso á división de bronce.
“Necesito proxectos que me ilusionen e este o é”, asegura Torres Gómez quen asume como factor fundamental “compaxinar formación e resultados” e lograr “que o equipo compita”.