Tempada extraordinaria, histórica, para a canteira do RC Celta. O traballo e a dedicación dos técnicos, o esforzo dos xogadores, o inquebrantable compromiso do club para impulsar o desenvolvemento do seu fútbol base e o apoio da afección propiciaron que, cos resultados rexistrados este fin de semana, a totalidade dos equipos das categorías inferiores celestes, desde o Celta B cara abaixo, proclamáronse campións das súas respectivas ligas.
A canteira celeste, con varias competicións aínda en disputa, suma un pleno histórico de campionatos: Os seus dez equipos, desde o Xuvenil División de Honor ata o Benjamín B, proclamáronse campións de Liga nunha tempada inesquecible.
Este fito supón un tremendo espaldarazo ao traballo desenvolvido na canteira celeste, a pedra angular do proxecto do club, que quere expresarlle a súa máis sinceira noraboa a técnicos e xogadores das categorías inferiores por un incrible éxito e tamén o seu sinceiro agradecemento á afección polo seu incondicional apoio.
A formidable campaña da canteira péchase con outro gran fito, a clasificación, por segunda vez na súa historia, do Celta B para os playoffs de ascenso a Segunda División.