iban-salvador-celta-barreiro-valladolid-filiales-181118.jpg
A Canteira

Reparto de puntos no duelo de filiais ante o Valladolid (0-0)

RC Celta

Celta B e Valladolid B asinaron un insulso empate sen goles en Barreiro. O partido estivo marcado pola falta de precisión de ambas as escuadras, cada unha con varias ocasións para estrear o marcador. Os celestes tiveron a súa mellor oportunidade nas botas de Iban Salvador, nun man a man que terminou co balón golpeando contra o gardameta rival.

Os de Albés entregáronse no segundo tempo en busca dunha vitoria que non terminou por chegar. Mención especial a Jero, porteiro celeste, que se luciu cun bo puñado de excelentes paradas. O Celta B visita a próxima xornada ao Internacional de Madrid (domingo 25, 12:00, Municipal de Boadilla).

FICHA TÉCNICA

0-CELTA B: Jero, Farrando, Ros, Alende, Pampín (Mangana, min.36), Jacobo, Rai, Molina, Pastrana (Dennis, min.62), Iban Salvador, Solís (Aarón Rey, min.78).

0-VALLADOLID B: Samu, Apa (Abel, min.76), Mario, Raúl, Corral, Carrascal, Javi Pérez (Dani Pedrosa, min.59), Zalazar, Quique, Waldo, Miguel (Alberto, min.80).

Goles: sin goles.

Árbitro: Ávalos Martos, do comité catalán. Amonestou a Molina e Iban Salvador por parte do Celta B; a Carrascal, Javi Pérez e Dani Pedrosa polo Valladolid B.

Campo: Barreiro (600 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Celta b Celta b Celta b Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira Novas celta b Novas canteira

Noticias recomendadas