Os ilustradores vigueses Federico Fernández e Germán González estarán este venres 27 de abril ás 18:45 da tarde no Salón Regio de A Sede para presentar a súa primeira obra conxunta, titulada “Balea” e publicada por Kalandraka.
Un libro despregable e sen texto que, dun lado, presenta a figura dun cetáceo mecánico sumerxido no mar mentres que, dándolle a volta, aparece o interior da máquina, dividida en numerosos compartimentos nos que uns personaxes ataviados de amarelo desempeñan diversas funcións: Manexar os mandos da máquina, realizar tarefas de mantemento e reparacións, lavar a roupa, cultivar unha horta, facer ximnasia, tocar instrumentos musicais…
Un evento infantil solidario que destinará íntegramente a súa recadación á Fundación Celta Integra.
Entrada infantil gratuíta acompañado dun adulto
Entrada adulto 2€ en beneficio Fundación Celta Integra
Entradas dispoñibles en Ticketea e Tenda A Sede (r/Príncipe 44)