A actividade contará coa presenza de máis de 20 cativos/as e desenvolverase no campo de fútbol municipal da Agra da Filgueira (Louro). Con esta actividade o Concello de Muros segue apostando por actividades deportivas e saudables para os nenos e nenas. Con esta, xa é a segunda edición deste campus de verán, e únese a outras actividades como os Clínics de Nadal e Semana Santa e a Escola de Tecnificación que tivo lugar neste curso 2018/19.
Na presentación estiveron presentes, Inés Monteagudo, alcaldesa do Concello de Muros, Juan Martínez, concelleiro e Germán Arteta, director da Fundación Celta.
Datas do campus: 01/07/2019 a 05/07/2019
De 10.00 a 14.00 h. O venres os nenos e nenas quedarán a comer no campo e pola tarde farase a entrega dos diplomas nunha actividade na que poderán participar os pais e as nais.
Idades dos/as participantes: 4 a16 anos