Esta mañá tivo lugar nas instalacións do Concello de Marín a presentación do Campus de veráno da Fundación Celta by Cabreiroá na localidade. Un campus que se desenvolverá do 8 ao 12 de xullo en horario matinal no Estadio Municipal de San Pedro destinado a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e que contará coa supervisión e o control técnico dos preparadores da canteira celeste. Coa inscripción ao campus, ademáis de participar na actividade, os rapaces recibirán unha equipación completa da marca Adidas.
Na presentación estiveron presentes entre otros, Antonio Traba, Concelleiro de deportes e xuventude e Germán Arteta, director da Fundación Celta de Vigo.