O Celta B sumou un novo punto a domicilio tras empatar (1-1) ante o Pontevedra CF no partido correspondente á oitava xornada de liga no grupo I de Primeira Federación disputado no Municipal de Pasarón. Os celestes, que se adiantaron no marcador ao principio da segunda parte, encaixaron o gol do empate no tramo final do partido.
O Celta B presentou unha gran proposta de fútbol na primeira metade que, tras unhas primeira media hora de dominio alterno, os de Claudio Giráldez envorcaron o campo cara á portería rival con dúas boas ocasións nas botas de Raúl Blanco e Iker Losada.
A gran primeira metade dos nosos tivo a recompensa do gol por medio de Raúl Blanco, que facía o 0-1 ao comezo do segundo acto. O filial celeste, que soubo controlar a súa vantaxe, viu como o Pontevedra iría gañando terreo co paso dos minutos.
Con todo, cando parecía que a resistencia celeste veríase premiada, o conxunto local igualaba a contenda a dous minutos do tempo regulamentario por medio de Martín Diz, sen tempo para a reacción visitante.
O Celta B durmirá este sábado en décimo cuarta posición despois de sumar sete puntos en oito xornadas. Tras este empate, o segundo equipo céltico terá unha nova xornada como visitante, medíndose ao Linares Deportivo o vindeiro domingo 23 de outubro ás 18:00 no Municipal de Linarejos.
FICHA TÉCNICA
1 – PONTEVEDRA CF: Álvaro Cortés; Ángel Bastos (Martín Diz, min. 84), Churre, David Soto, Álex González; Mario Ortiz (Alberto Rubio, min. 46) (Oier Calvillo, min. 68), Miguel Román; Brais Abelenda, Yelko, Jon Bakero (Libasse, min. 59); Charles (Rufo, min. 68).
1 – RC CELTA B: Christian Joel; Carrique, Javi Domínguez, Sergio Barcia, Medrano; Martín Calderón, Hugo Sotelo (San Bartolomé, min. 61); Raúl Blanco (Pablo Durán, min. 61), Iker Losada (Javi Gómez, min. 73), Hugo Álvarez (Yoel Lago, min. 84); Miguel Rodríguez (Lautaro, min. 84).
Goles: Raúl Blanco (0-1, min. 46); Martín Diz (1-1, min. 88).
Árbitro: Vicente Moral, do colexio castelánleonés. Amonestou a Álex Álvarez, Ángel Bastos e Yelko, do Pontevedra CF, e a Hugo Sotelo, Raúl Blanco, Martín Calderón, Javi Gómez e Javi Domínguez, do Celta B
Campo: Municipal de Pasarón.