
Finaliza a primeira semana de Campus de verán Fundación Celta by Cabreiroá 2023 nas súas sedes de A Madroa, Pabellón Ourense, Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela, Oroso e Colexio Los Sauces Pontevedra, con gran éxito de satisfacción por parte de todos os participantes e familiares, tanto polas aprendizaxes deportivas como polos grandes momentos de entretemento xunto a novos amigos.
Na nosa sede da Madroa contamos este ano cunha área de animación para unha maior diversión de todos os nenos e nenas participantes, cun jumper como atracción estelar ademais do tradicional taller de primeiros auxilios a cargo da Asociación VODEA. . Tanto familiares como participantes gozaron das diferentes actividades e xogos nunha divertida cerimonia de clausura.
Seguen abertas as inscricións para as próximas sedes, formación e diversión asegurada.



 Sede A Madroa
Sede A Madroa

Pabellón Ourense

Sede Oroso


Sede Los Sauces Pontevedra

Sede Compañía de María
 
           
         
       
      