A coordinación das categorías inferiores celestes organizou esta semana unha nova charla-coloquio para os técnicos da Madroa. Nesta ocasión o invitado foi Eduardo Domínguez, ex preparador físico do RC Celta e un referente neste campo a nivel nacional. Domínguez expuxo aos asistentes a súa visión do fútbol base e, en concreto, na área da preparación física.
O club non só aposta pola formación dos seus xogadores, senón tamén pola dos seus adestradores e do Departamento de Metodoloxía. O RC Celta agradece a Eduardo Domínguez a súa colaboración nesta acción formativa.