O debut ligueiro do RC Celta na tempada 2018/19 tivo a once espectadores de excepción: os canteiráns celestes que conforman o “Once de Ouro Denominación de Orixe Celta”. D.O. Celta é un innovador sistema de valoración de xogadores deseñado e utilizado polas categorías inferiores do RC Celta. Este método de avaliación non só ten en conta os aspectos futbolísticos, senón que outorga especial valor ao comportamento, os valores e o rendemento académico.
O once xogadores con mellor avaliación durante a tempada 2017/18, foron premiados coa asistencia ao partido Celta-Espanyol, acompañados polas súas familias. Os mozos celestes puideron gozar dunha experiencia única, coñecer os interiores do estadio ABANCA Balaídos e ver o partido desde unha posición privilexiada. O presidente celeste Carlos Mouriño recibiu aos canteiráns e aos seus familiares antes do inicio do encontro.