A canteira do RC Celta volve nutrir de xogadores ás categorías inferiores da Selección Española. Os futbolistas Robert Carril e César Fernández foron citados pola Sub-16 para participar nuns adestramentos oficiais que o combinado nacional realizará en San Pedro de Pinatar (Murcia) do 29 de setembro ao 2 de outubro. Esta chamada volve pór de manifesto o importante traballo que realizan o club celeste e a Fundación na formación de xogadores na Madroa.