Enorme ledicia na Fundación e no RC Celta pola segunda convocatoria do porteiro César Fernández e do centrocampista Robert Carril coa Selección Sub-15 para os adestramentos oficiais que se celebrarán do 26 ao 28 de novembro na Ciudad del Fútbol de Las Rozas. A chamada do combinado nacional recompensa o esforzo e o traballo que Fundación e club realizan dende hai anos na formación de xogadores en A Madroa.
Ambos futbolistas pertencen ao RC Celta Cadete A e xa foran chamados o pasado mes de outubro pola Selección Sub-15 para realizar outros adestramentos oficiais. A súa convocatoria súmase á do canteirán Miguel Rodríguez coa Sub-17.