O Celta B recibe o domingo 14 de marzo ao Deportivo da Coruña en Barreiro (11.30 horas) na penúltima xornada da competición. Pendentes do coñecer a capacidade definitiva para este encontro en función dos protocolos sanitarios adecuados á capacidade de Barreiro, o RC Celta dará acceso aos seus abonados cos seguintes criterios:
As entradas serán ofrecidas en primeiro lugar aos abonados que xa confirmaran a súa asistencia ao partido ante o Guijuelo do pasado 17 de xaneiro, encontro que se aprazou debido a un brote de covid.
Estes abonados recibirán un correo do club desde este mesmo luns, ou unha chamada telefónica se retiraron a súa entrada en taquilla, para que confirmen se queren asistir ao encontro. Terán de prazo ata as 19.00 horas do próximo mércores para confirmar a súa asistencia cunha resposta ás opcións que figuran no correo electrónico.
As entradas que non sexan retiradas por estes abonados, máis as restantes que se poidan habilitar en función da capacidade, poñeranse a disposición do resto de abonados seguindo o procedemento habitual.
Poderán solicitalas desde este martes ás 10:00 AQUÍ e entre todas as solicitudes sortearanse as localidades dispoñibles. Como sempre, terán prioridade aqueles abonados que aínda non asistiron a un partido esta tempada e os que na pasada campaña optaron polo monedero dixital, realizaron unha donación á Fundación ou renunciaron á devolución.
O enlace para solicitar as entradas estará dispoñible desde as 10.00 horas do martes día 9 ata as 10.00 horas do venres 12 de marzo.