O Celta Xuvenil B disputou este mércores en Catar o segundo de dous amigables ante Aspírea Academy Sub-17. Os celestes perderon 3-1 ante o conxunto local, que exerce de selección nacional Sub-17 catarí nas competicións internacionais.
No primeiro partido, celebrado o pasado luns, os vigueses venceron 0-1 cun tanto anotado por Marquitos. A visita do RC Celta a Doha tamén serviu para fortalecer os lazos entre institucións e para expandir a metodoloxía de canteira celeste. O director da canteira, Carlos Hugo, impartiu o martes unha charla sobre a “Denominación de Orixe Celta” ante decenas de adestradores de Aspírea Academy.