Os celestes gañaron 1-4 e suman once xornadas sen coñecer a derrota
O Celta Xuvenil A logrou hoxe a súa segunda vitoria consecutiva. Os celestes superaron con folgura ao CD Cervantes no Campo del Regimiento con goles de Javier Qué Delgado, Diego, Berto e Fede. Os santanderinos anotaron unha única diana, insuficiente para inquietar aos canteiráns da Madroa.
O conxunto vigués suma desta forma once xornadas sen perder e mantén o liderado da División de Honra con 48 puntos.