O Salón Regio da Sede acollerá o vindeiro martes o sorteo que definirá o cadro final da XXV Copa de Campións da División de Honra Xuvenil que se celebrará en Vigo entre o 6 e o 11 de maio.
O RC Celta, organizador deste prestixioso torneo, chega á cita como flamante campión do Grupo 1 tras bater o rexistro histórico puntos. O equipo de Jorge Cuesta afronta con ilusión unha Copa de Campións que reunirá en A Madroa e ABANCA Balaídos ás mellores canteiras do país.
Ademais do RC Celta estarán presentes CD Numancia, Real Zaragoza, Sevilla FC, Atlético de Madrid, Real Madrid CF, CD Tenerife e Villarreal Cf.