Stelian Baban, director da Academia Celta USA, atópase esta semana en Vigo xunto a dous técnicos da escola celeste en Estados Unidos, David Brown e Daniel Baronowsky. Os estadounidenses visitaron as instalacións deportivas da Madroa e a sede do club, onde foron recibidos polo presidente Carlos Mouriño.
A Academia Celta USA conta actualmente con máis dun centenar de novas promesas dirixidas por dez adestradores, técnicos que foron formados no método de fútbol basee do RC Celta. A escola, situada en Filadelfia, será unha das sedes internacionais dos Campus de Verán Fundación Celta durante o próximo mes de xullo xunto a Guadalajara (México), Brasov (Romanía), Kanagawa e Chiba (Xapón).