A canteira do Real Club Celta gozará este venres dun destacado protagonismo nunha xornada organizada pola LFP sobre Metodoloxía de Adestramento en Categorías Formativas. O RC Celta é o único club que participa como relator nesta xornada enmarcada no II Encontro de Canteiras de LaLiga, o que ratifica a súa condición de referente nesta materia. O traballo na canteira celeste recibe así un novo recoñecemento a nivel nacional.
Neste encontro, que terá lugar o venres 4 de novembro na sede da liga, participan Carlos Hugo García, director da canteira do RC Celta e Eduardo Covelo, responsable de Metodoloxía, quen exporán un relatorio sobre “liñas mestras do departamento de metodoloxía do RC Celta”.
Outros profesionais de diferentes ámbitos do mundo do fútbol, como Fernando Sanz, Paco Jémez ou Patricia Ramírez entre outros, conforman a potente programación de relatoras desta xornada formativa que concluirá coa celebración dunha mesa redonda. Unha vez máis, o RC Celta ve recoñecida a súa firme aposta polo fútbol base, alicerce fundamental na filosofía do club e motivo de orgullo para a Fundación Celta, clubs convidos, celtismo e todas as partes que a fan posible.