O RC Celta B conseguiu imporse en Barreiro ao RC Deportivo Fabril grazas ao dobrete dun inspirado Alberto Solís. O equipo celeste dominou o encontro desde o primeiro minuto e dispuxo das mellores ocasións.
Foi na segunda metade cando logrou derrubar o muro visitante grazas a un sensacional disparo de Solís desde fóra da área. Pouco despois, os de Rubén Albés conseguiron dobrar a súa vantaxe tras unha brillante xogada entre Bermejo e o propio Solís.
FICHA TÉCNICA
2 – RC CELTA B: Iván Villar; Alende, Ros, Robert, Pampín; Solís, Bermejo, Dani Molina, Ibán Salvador (Rai, min 70), Pastrana (Jacobo, min 73) e Apeh (Dani Vega, min 82).
0 – RC Deportivo Fabril: Álex Cobo; Fornos, Valín, Raúl (Víctor, min 67), One; Gaizka (Bicho, min 74), Leto, Segado, Javi Cobo (Montiel, min 74), Abeledo e Uxío.
Goles: Goles: 1-0 Solís, min 62; 2-0 Solís, min 71.
Arbitro: Carlos Fernández Buego, do comité asturiano. Amonestou a Solís e Dani Molina (RC Celta B), e a Raúl e Abeledo (RC Deportivo Fabril).
Campo: Barreiro (900 espectadores).